American Gangster é un filme biográfico estadounidense de 2007 dirixido por Ridley Scott e escrito por Steve Zaillian. O filme baséase na carreira criminal de Frank Lucas, un gánster de Carolina do Norte que pasaba heroína dentro dos Estados Unidos a través dos avións militares que regresaban da Guerra de Vietnam. Está protagonizado por Russell Crowe e Denzel Washington nos papeis principais, xunto con Ted Levine, John Ortiz, Josh Brolin, Chiwetel Ejiofor, Norman Reedus, Ruby Dee e Lymari Nadal nos papeis de elenco.

Estreouse en galego o 17 de xullo de 2025 a través da TVG.

Sinopse No Nova York de 1968, Frank Lucas (Denzel Washington) é o chofer dun importante mafioso de Harlem. Cando o seu xefe morre inesperadamente, Frank aproveita a oportunidade para construír o seu propio imperio. Grazas ó seu talento, convértese non só no meirande narcotraficante da cidade, enchendo as rúas con produtos de mellor calidade e prezo, senón tamén nun home público moi respectado. Richie Roberts (Russell Crowe), un policía marxinado que coñece ben as rúas, decátase de que unha persoa allea ós clans mafiosos está a trepar no poder. Tanto Roberts como Lucas comparten un estrito código ético que os afasta dos demais e que os converte en dúas figuras solitarias en lados opostos da lei. Cando se atopan, o enfrontamento entre eles é inevitable.

Personaxes

Denzel Washington as Frank Lucas Russell Crowe como Det. Richie Roberts Ted Levine como Capt. Lou Toback Cuba Gooding, Jr. como Nicky Barnes Ruby Dee como Mama Lucas Josh Brolin como Det. Reno Trupo Clarence Williams III como Ellsworth "Bumpy" Johnson T.I. como Steve Lucas Carla Gugino como Laurie Roberts Common como Turner Lucas Idris Elba como Tango John Ortiz como Det. Javier Rivera Chiwetel Ejiofor como Huey Lucas Norman Reedus como Det. Norman Reilly Lymari Nadal como Eva Kendo Lucas Roger Guenveur Smith como Nate John Hawkes como Det. Freddie Spearman RZA como Det. Moses Jones Yul Vazquez como Det. Alfonso Abruzzo Malcolm Goodwin como Jimmy Zee Kevin Corrigan como Campizi Ruben Santiago-Hudson como Doc Armand Assante como Dominic Cattano Jon Polito como Rossi Ric Young como Khun Sa

Galardóns e nomeamentos 2007: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor actriz secundaria (Ruby Dee) e mellor dirección artística. 2007: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo mellor filme dramático. 2007: 5 nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor filme, fotografía e guión orixinal. 2007: 2 nomeamentos ós Critics' Choice Awards: mellor filme e canción.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ridley Scott Categoría:Filmes ambientados en Nova Jersey Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes de Imagine Entertainment Categoría:Filmes de Scott Free Productions Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Vietnam Categoría:Filmes ambientados en Tailandia Categoría:Filmes sobre a Guerra do Vietnam Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego