250px|miniatura|Cortes de Aragón As Cortes de Aragón (en aragonés: Cortz d'Aragón, en catalán: Corts d'Aragó) exercen a función lexislativa da comunidade autónoma de Aragón, aproban os seus orzamentos, impulsan e controlan a acción da Deputación Xeral, e exercen as demais competencias que lles confiren a Constitución, o Estatuto e as demais normas do ordenamento xurídico. As Cortes elixen, de entre os seus membros, a un Presidente, unha Mesa e unha Deputación Permanente. Están compostas por 67 deputados.
A súa denominación procede da institución histórica do Reino de Aragón desde a súa fundación en 1188 ata comezos do século XVIII. O Decreto de Nova Planta en 1711 anulou os Foros de Aragón facendo desaparecer as Cortes de Aragón. As Cortes de Aragón recupéranse a finais do século XX a través do actual parlamento autonómico da Comunidade Autónoma de Aragón.
Parlamento autonómico
As modernas Cortes de Aragón reuníronse por primeira vez en Calatayud.
Na actualidade, as Cortes de Aragón exercen a función lexislativa da comunidade autónoma de Aragón, segundo se establece no artigo 12 do Estatuto de Autonomía. Tamén aproban os orzamentos, impulsan e controlan a acción da Deputación Xeral de Aragón e exercen as demais competencias que lles confiren a Constitución, o Estatuto e as demais normas do ordenamento xurídico.
Ademais, designan aos senadores que han de representar á Comunidade autónoma no Senado; exercen a iniciativa lexislativa para que as Cortes Xerais aproben unha Lei; poden exercitar a iniciativa de reforma da Constitución Española; ratifican os convenios e acordos de cooperación nos que a Comunidade Autónoma de Aragón sexa parte; interpoñen recursos de inconstitucionalidade; elixen ao Xustiza de Aragón, ao auditor xeral de Aragón e elixen ou propoñen o nomeamento de cargos noutros organismos: conselleiros no Consello Asesor de Radio Televisión Española en Aragón, vogais na Xunta Electoral de Aragón ou conselleiros nas Caixas de Aforro da Comunidade.
Sede miniatura|250px|Fachada do Palacio da Aljafería. Este Palacio, construído na segunda metade do século XI por iniciativa de Al-Muqtadir como residencia dos reis hudís de Saraqusta. Reflectiu o esplendor alcanzado polo reino taifa no período do seu máximo apoxeo político e cultural, chamado o "Palacio da Alegría".
Foi utilizado como residencia por Pedro IV de Aragón e posteriormente, na planta principal, levouse a cabo a reforma que converteu as súas estancias en palacio dos Reis Católicos en 1492. En 1593 experimentou outra reforma que o convertería en fortaleza militar, primeiro con deseños renacentistas e máis tarde como acuartelamento de militares. Nos Sitios de Zaragoza sufriu grandes danos. Foi finalmente restaurado na segunda metade do século XX.
É monumento histórico artístico dentro da arquitectura mudéxar de Aragón desde 1986.
Presidentes O actual presidente das Cortes de Aragón na XI Lexislatura é Marta Fernández Martín de Vox tralas eleccións de 2023.
Lista de Presidentes das Cortes de AragónLexislatura Nome Partido Inicio FinI Lexislatura Antonio Embid Irujo PSOE-Aragón 1983 1987II Lexislatura Juan Bautista Monserrat Mesanza CDS 1987 1991III Lexislatura Ángel Cristóbal Montes PP 1991 1995IV Lexislatura Emilio Eiroa García PAR 1995 1999V Lexislatura José María Mur PAR 1999 2003VI Lexislatura Francisco Pina Cuenca PSOE-Aragón 2003 2007VII Lexislatura20072011VIII Lexislatura José Ángel Biel Rivera PAR 2011 2015IX LexislaturaAntonio José Cosculluela BerguaPSOE-Aragón20152016Violeta Barba BorderíasPodemos20162019X LexislaturaJosé Javier Sada BeltránPSOE-Aragón20192023XI LexislaturaMarta Fernández MartínVOX2023no cargo
Composición As Cortes de Aragón están formadas por 67 deputados, de acordo co disposto no Estatuto de Autonomía de Aragón. A circunscrición electoral é provincial, de modo que cada unha das tres provincias aragonesas ten asignado un número de deputados proporcionais á súa poboación: Provincia de Huesca: 18 deputados. Provincia de Teruel: 14 deputados. Provincia de Zaragoza: 35 deputados.
VIII Lexislatura (2011-2015) <center> Grupos parlamentarios nas Cortes de Aragón durante a VIII Lexislatura Grupo parlamentario Partido Portavoz Líder Escanos Grupo Popular nas Cortes de Aragón PP Antonio Torres Millera Luisa Fernanda Rudi (P) 30 Grupo Socialista PSOE José Javier Sada Eva Almunia 22 Grupo do Partido Aragonés PAR Alfredo Valeriano Boné José Ángel Biel 7 Grupo Chunta Aragonesista CHA Nieves Ibeas José Luis Soro 4 Grupo Esquerda Unida de Aragón IU Adolfo Barrena Adolfo Barrena 4 </div> </center>
Repartición histórica (1983-2011) Eleccións autonómicas 1983 1987 1991 1995 1999 2003 2007 2011 2015 2019 2021Lexislatura I II III IV V VI VII VIII IX X XI PSOE 33 27 30 19 23 27 30 22 18 24 23 PPa 18 13 17 27 28 22 23 30 21 16 28 PAR 13 19 17 14 10 8 9 7 6 3 1 CHAb - - - 2 5 9 4 4 2 3 3 IUc 1 2 3 5 1 1 1 4 1 1 1 UCD-CDS 1 6 - - - - - - - - -Podemos - - - - - - - - 14 5 1VOX - - - - - - - - - 3 7 Total 66 67 67 67 67 67 67 67 67 67 67 Goberno PSOE PAR/PP PAR/PP ata 1993PSOE<small> desde 1993 PAR/PP PAR/PSOE PAR/PSOE PAR/PSOE PAR/PPPP/Vox Lexislatura I II III IV V VI VII VIIIIXXXI aAP ata 1989, como AP-PDP-UL en 1983bUA-CHA en 1987cPCA ata 1986
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Deputación Xeral de Aragón Estatuto de Autonomía de Aragón
Ligazóns externas Cortes de Aragón
Aragón Categoría:Política de Aragón