A tempada 1971-1972 da Liga Nacional de rugby foi a quinta edición da máxima categoría do rugby en España. A liga contou con 8 equipos. O calendario da competición estivo formado por 14 xornadas. Nel enfrontáronse entre si tódolos equipos a dúas voltas, agás dous encontros que foron suspendidos. Ó remate do campionato o Canoe NC saíu campión por segundo ano consecutivo.
Sistema de puntuación O sistema de puntuación foi o seguinte: 2 puntos por vitoria. 1 punto por empate. 0 puntos por derrota. 1 punto por encontro xogado.
Clasificación División de Honra — Tempada 1971/72PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.PFPC 1 Canoe NC 38 14 12 0 2 205 81 2 CR El Salvador 33 14 9 1 4 197 91 3 UD Samboyana29 14 6 3 5 102 125 4 C.At.San Sebastián 28 14 6 2 6 119 162 5 CD Universitario Barcelona26 14 6 0 8 127 138 6 CD Arquitectura 26 14 6 0 8 152 170 7 CN Barcelona 25 14 5 1 8 102 125 8 CF Barcelona19 14 2 1 11 70 182<<<< 1970/71 — Tempadas — 1972/73 >>>>
En azul o campión de liga (1º). Malia que o 7º posto correspondía á promoción de permanencia e o 8º ó descenso directo, non houbo ningunha das dúas cousas por mor da ampliación a 10 equipos da seguinte tempada. <noinclude>
O Canoe NC conseguiu o campionato nacional de liga, con 38 puntos en 14 xornadas. Foi o 2º título de liga para o club madrileño. Eliminatoria de Promoción (San Baudilio Loobregat): Club Natación Barcelona - CR Cornellá 25-10
Véxase tamén Ligazóns externas Anuario 1971/1972 da Federación Española de Rugby
Categoría:Rugby en 1972 Categoría:División de Honra de Rugby