Benito Antonio Malvárez León, nado en Muros en 1883 e finado en Buenos Aires o 13 de novembro de 1966, foi un xornalista galego.
Traxectoria Instalado en Santiago de Compostela, foi correspondente da revista Galicia da Habana, colaborou en Gaceta de Galicia e Vida Gallega, fundou o periódico La Tribuna Literaria (que a principios de 1910 pasou a denominarse La Tribuna) e foi socio de La Tarde. Marchou a Buenos Aires en 1911,Nova Galicia, 7-5-1911, p. 3. onde fundou o periódico Brisas Galicianas,Galicia, 11-11-1911, p. 2. e a finais dese mesmo ano instalouse no Chaco. En 1917 sendo director do periódico El Heraldo del Chaco de Resistencia, guiado por Visitación Zamudio, descubriu o campo de Las Piedritas. Inimigo do Gobernador do Territorio, Henrique I. Cáceres, foi arrestado varias veces e sufriu malos tratos. En 1920 trasladouse a Corrientes,Nova Galicia, 4-6-1920, p. 12. onde editou o periódico Heraldo del Norte. En 1927 fixéronlle unha homenaxe en Corrientes.El Correo Gallego, 12-2-1927, p. 4. Retornou a Galicia en 1929.Vida Gallega, 28-2-1929, p. 28. Foi correspondente do diario La Prensa para Galicia e Asturias.El Eco de Santiago, 5-4-1929, p. 2. Volveu marchar a Buenos Aires. Regresou da Arxentina en 1962 e instalouse en Compostela.La Noche, 6-7-1962, p. 2. Pero volveu marchar para Buenos Aires en xaneiro do ano seguinte.La Noche, 10-1-1963, p. 2. Recoñecementos
A Escola Primaria de Las Piedritas leva o seu nome. Vida persoal
Casou con Valvanera Iglesias, que dirixiu o periódico Lar Galicián. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Personajes del Chaco
Categoría:Xornalistas de Muros Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1966