A silva brava ou simplemente silva ou silveira (Rubus fruticosus) é unha especie de planta rubideira e espiñenta pertencente á familia das rosáceas. É orixinaria de Europa, Asia e Norte de África. É moi común en Galiza. Aseméllase moito a Rubus ulmifolius, tamén chamada silva. miniatura|250px|Follas. miniatura|250px|Flor. miniatura|250px| miniatura|250px|
Descrición É unha planta vizosa, lígnea e moi invasiva, con longos talos flexíbeis cheos de espiños. As follas son pinnadas e se dividen en folíolos ovais, dentados, pubescentes pola parte inferior; están cubertas de finos espiños, especialmente pola nervadura media. As flores son de cor branca ou rosada e se agrupan en acios terminais. O froito, denominado amora, é composto e globuloso. As diversas cores que adopta determinan o grao de maduración (verde, vermello e negro, respectivamente). A planta presenta ao mesmo tempo a floración e os diversos graos de maduración do froito, feito infrecuente noutras plantas.
Propiedades Empréganse as follas, os botóns florais, os froitos e, en menor medida, a raíz.
Virtudes medicinais Polo seu alto contido de taninos, o seu principal efecto é o adstrinxente, polo que se recomenda no tratamento da diarrea. En forma de gargarexo é útil nas úlceras aftosas da mucosa bucal e como tratamento complementario da amigdalite e mais da farinxite.
Principios activos
Ácidos orgánicos: atópanse nos froitos e son o isocítrico, o succínico, o oxálico, o málico e mais o láctico. Vitaminas: atópanse nos froitos e son a vitamina C e mais o ácido fólico. Pigmentos: atópanse nos froitos, son antocianinas (posibelmente crisantemina). As follas conteñen unha gran cantidade de taninos (4-15%), pectina (1,2%), ademais de hidroquinonas, como a arbutina, inositol e indicios de aceite esencial.
Preparacións
Infusión: vía interna, emprégase de 6 a 10 gramos por litro, por vía externa dez veces esa cantidade, ou sexa, 100 gramos por litro. Macerados glicerinados: 50 gotas, tres veces ao día. Vinagre de amoras: ponse un quilo de amoras limpas nunha cunca de cerámica. Cóbrese con vinagre de sidra ou de viño de pouca graduación, e se deixa macerar durante tres días, remexendo unha vez ao día. Finalmente, fíltrase con presión. Calcúlase o líquido obtido e se engaden 150 cc de azucre por cada medio litro de líquido. Posteriormente, férvese suavemente durante 5 a 6 minutos. Déixase arrefriar e se conserva en botellas ben fechadas. Tomarase unha culler de sobremesa disolta nunha cunca de auga ou de tisana. Recoméndase coma tónico antianémico.
Taxonomía Nome común galego: silva, silveira. Cómpre ter en conta que outras plantas do xénero Rubus reciben tamén o nome común de silva, especialmente Rubus ulmifolius. Sinónimos:A bibliografía utilizada para definir o nome correcto e mais os sinónimos está na páxina web de Tropicos.org. Missouri Botanical Garden, e é a seguinte: AFPD, 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique. Reference article Drake del Castillo, E. 1902. Histoire naturelle des plantes. Hist. Phys. Madagascar 30: 1–208. Reference article Gibbs Russell, G. E, W. G. Welman, E. Reitief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. van Wyk & A. Nicholas (PRECIS) 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
Rubus bergii Eckl. & Zeyh. Rubus fruticosus Eckl. & Zeyh. Rubus myrianthus Baker
Problemas taxonómicos Aínda que o nome Rubus fruticosus L. xa foi utilizado nas descricións de Linneo (que neste caso non foron inequívocas), posteriormente foi utilizado con diversos significados referíndose a distintas especies conforme foron facéndose novos estudos taxonómicos do complicado xénero Rubus, que ten especies moi parecidas, diversas subespecies, variedades e microespecies e diversos casos de probables hibridacións. Actualmente R. fruticosus é un nome ambiguo para referirse ás especies de silvas do xénero Rubus. O nome foi interpretado das seguintes formas:
Para referirse á especie representada polo espécime tipo de Rubus fruticosus L., que tamén é o espécime tipo do xénero Rubus. Este espécime considérase que se corresponde coa especie R. plicatus, en Rubus subxénero Rubus, sección Rubus. Para referirse a varias especies que concordan coa descrición orixinal de Linneo da especie, a cal estaba baseada nunha mestura de especies que agora se considera que se corresponden con Rubus ulmifolius e R. plicatus Para referirse a un agregado de especies (grupo de especies similares) chamado Rubus fruticosus agg. que inclúe a maioría dun grupo chamado Rubus subxénero Rubus ou Rubus sección Rubus: Usado en senso estrito, ás veces é separado como a sección Glandulosus, que comprende aproximadamente 289 microespecies. Neste sentido o agregado de especies non inclúe o tipo do xénero Rubus, o cal é un híbrido. Usado en senso amplo incluíndo o subxénero Rubus seccións Glandulosus, Rubus (cunhas 20 microespecies) e Corylifolii (cunhas 24 microespecies). Os membros da sección Rubus son probablemente híbridos que implican a membros da sección Glandulosus xunto con ou ben R. idaeus ou ben R. allegheniensis. A sección Corylifolii consta probablemente de híbridos nos que están implicados membros da sección Glandulosus xunto con R. caesius. Nun senso aínda máis amplo úsase como nomen ambiguum (nome ambiguo) incluíndo todos os taxons do subxénero (ou sección) Rubus
Se nos atemos a como o teñen usado diversos autores, á parte do significado establecido de Rubus fruticosus L. como R. plicatus, o nome R. fruticosus foi incorrectamente aplicado a varias especies, entre as que están: Rubus fruticosus G.N.Jones -> Rubus vestitus Weihe Rubus fruticosus L. ex Dierb. -> Rubus vulgaris Weihe & Nees Rubus fruticosus Lour. -> Rubus cochinchinensis Tratt.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Rubus ulmifolius Amora Rubus (xénero) Rubus subg. Rubus (subxénero)
Categoría:Rubus Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas invasoras Categoría:Rubideiras de Galicia Categoría:Plantas rubideiras Categoría:Plantas descritas en 1753