Os Patrimonia eran latifundios máis ou menos vastos creados a partir do século VIII no Agro Romano (ou sexa no campo que rodeaba a Urbe) xestionados por diáconos dependentes directamente do Papa. Patrimonia é unha palabra latina, plural de patrimonium, que significaba patrimonio. Elenco dos Patrimonia Patrimonium Tusciae (incluído entre a Vía Aurelia e la Vía Flaminia, no cuadrante setentrional do Agro Romano). Patrimonium Tuscie Suburbanum (arredor da Basílica de San Pedro no Vaticano). Patrimonium Sabinense ou Carseolanum (na Vía Salaria ata a Abadía de Farfa). Patrimonium Tiburtinum (incluído entre a Vía Nomentana e a Vía Tiburtina). Patrimonium Labicanum (na Vía Labicana ata o val do Aniene). Patrimonium Appiae (na Vía Appia ata Albano). Patrimonium Appiae Suburbanum (arraedor da Basílica de San Xoán de Latrán). Patrimonium Caietanum (arredor de Gaeta). Patrimonium Traiectum (no río Garigliano). Os Patrimonia non tiñan que estar necesariamente unidos, senón que podían tamén ser grupos de terreos illados do núcleo central (ex corpore patrimoniae).
Véxase tamén Bibliografía AA.VV., Atlante storico-politico del Lazio, Regione Lazio, Editori Laterza, Bari 1996 Outros artigos Estado Pontificio. Patrimonio de San Pedro. Agro Romano. Ducado romano.
Categoría:Historia de Italia Categoría:Roma