Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón o 23 de novembro de 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.
Traxectoria Cursou o Bacharelato no Convento do Carme. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1883 aprobou as oposicións de avogado do Estado. Foi Gobernador civil de León (1899-1900). Foi deputado provincial dende 1890 e presidente da Deputación da Coruña de 1903 a 1909. Despois continuou como deputado provincial polo distrito de Padrón. Foi membro da Real Academia Galega.
Vida persoal Casou con Robustiana Baltar Cortés, filla de Ángel Baltar Varela e irmá de Ángel Baltar Cortés.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Gobernadores civís de León Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1860 Categoría:Finados en 1944 Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela