Constantino Velarde Plá, finado en Madrid o 22 de xuño de 1926 Necrolóxica en El Regional, 23-6-1926, p. 4., foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Francisco de Borja Velarde Ramírez e Isabel Plá Huidobro. Concelleiro en Lugo, foi alcalde da cidade en 1891 e deputado provincial. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Chantada en 1899. Volveu ser nomeado alcalde de Lugo o 1 de xullo de 1909, pero só permaneceu no posto ata outubro dese ano. Constantino Velarde mandou constituír en 1905 o edificio coñecido como palacete Velarde.
Vida persoal Casou en primeiras nupcias coa súa curmá María de la O Leandra Velarde Cuervo e en segundas nupcias con María González Fariñas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas El palacete Velarde (1905) Genealogía de la familia Cancio-Donlebún y sus entronques con otros linajes IV
Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Finados en 1926