Trisopterus é un xénero de peixes osteíctios da orde dos gadiformes e familia dos gádidos.Trisopterus Rafinesque, 1814 en SIIT.
O nome do xénero deriva do grego antigo τρίς trís, tres, o elemento -o- (para facilitar a pronuncia), e πτερόν pterón, á, aludindo ás tres aletas dorsais que presentan estes peixes.
Catacterísticas
As especies do xénero teñen a aperencia dun bacallau en miniatura, co dorso de cor vaca marela, máis ou menos escura.
Teñen tres aletas dorsais e dúas aletas anais, e presentan unha barbela no mento.
Distribución, hábitat e alimentación As especies de Trispopterus están difundidas polo Atlántico nororiental, desde Islandia e o mar de Barents a Marrocos, e polo Mediterráneo.
Son peixes demersais que viven nas zonas infralitoral e circalitoral.
Aliméntanse de peixiños e invertebrados bentónicos.
Especies 180px|miniatura|Trisopterus minutus. No xénero recoñécense as seguintes especies: Trisopterus esmarkii (Nilsson, 1855) – Faneca de Noruega Trisopterus luscus (Linnaeus, 1758) – Faneca Trisopterus minutus (Linnaeus, 1758) – Fodón
Porén, algúns autores consideran, ademais, a especie Trisopterus capelanus (Lacepède, 1800) = Gadus capelanus Lacepède, 1800,Trisdopterus capelanus en WoRMS. que, para a maioría dos ictiólogos é unha subespecie de T. minutus, a Trisopterus minutus capelanus.Trispterus minutus capelanus en NCBI.
Pesca Algunhas especies son obxecto de pesca comercial, con artes de arrastre (Trisopterus minutus, Trisopterus esmarkii), sobre todo para a fabricación de fariña de peixe, aínda que T. minutus tamén se aproveita para o consumo humano nalgúns países do sur de Europa.Muus, Bent J. el al. (1998), pp. 125 e 129.
Pola súa parte, Trisopterus luscus é obxecto de activa pesca en Galicia nas costas e nas Rías Baixas, con tramallos,"O ollomol e a faneca péscanse con tramallo", di o dicionario da RAG, que define esta arte como "Aparello de pesca formado por tres panos superpostos de forma rectangular, os exteriores de malla larga e o interior de malla estreita, que forma coma unha parede de rede no mar, na que quedan atrapados peixes diversos".Ver tramallo á liña e, en ocasións, ao arrastre, xa que é unha especie moi abundante nas nosas augas e moi prezada gastronomicamente.Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 85.
En Galicia Nas augas galegas, das tres especies aceptadas pola comunidade científica, están citadas dúas:Solórzano et al. (1988)Rodríguez Villanueva et al. (1995)
Trisopterus luscus, coñecida entre nós como faneca, e Trisopterus minutus, o fodón, así chamado porque vive xunto coa faneca auténtica pero, ao contrario desta, morde con máis dificultade os anzois e, se o fai, é para devorar a carnada, pero sen quedar enganchado, o que causa a desesperación dos pescadores á liña.Véxase nota etimolóxica de Antón Santamarina no § 361. Gadus minutus (L.) en Ríos Panisse (1977), p. 396.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos Gadiformes Gádidos
Ligazóns externas Trisopterus en Animal Diversity Web. Trisopterus en NCBI. Trisopterus en WoRMS.
Categoría:Gadiformes