San Fernando del Valle de Catamarca é a capital da provincia arxentina de Catamarca, e do departamento Capital. Trátase dun importante centro turístico e comercial, como así tamén de activa vida cultural, que se desenvolve na súa universidade, institucións e museos.

Encóntrase emprazada nas beiras do río de El Valle e ao pé da Serra de Ambato e da Serra de Ancasti, ten 399 km² e atópase a 550 msnm. Ten 162.601 habitantes, os que, sumados aos 40.255 habitantes dos outros departamentos do Gran San Fernando del Valle de Catamarca (Valle Viejo e Fray Mamerto Esquiú), representan arredor do 53,29 % da poboación da provincia.

San Fernando del Valle foi fundada o 5 de xullo de 1683 por Fernando de Mendoza y Mate de Luna, logo de varias fundacións nas que o pobo fora bautizado con diferentes nomes e trasladado a diferentes lugares do actual territorio da provincia de Catamarca.La Ciudad y su fundador, p. 7 A localización da cidade constituía un cruzamento obrigado para as comunicacións de Santiago del Estero e San Miguel de Tucumán coa provincia da Rioxa, tratándose ademais dunha zona de terra fértil.La Ciudad y su fundador, p. 10

É un centro turístico por excelencia da provincia, sendo a súa arquitectura colonial un dos seus atractivos, e serve como enlace para moitos puntos turísticos. Ademais, trátase dun importante centro relixioso. Un dos principais eventos é a peregrinación á Virxe do Val, na que centos de peregrinos chegan a San Fernando del Valle de Catamarca para visitar a Igrexa da Virxe do Val (1694), coa imaxe venerada da Nosa Señora do Val.

A San Fernando pódese chegar por vía aérea, no Aeroporto Coronel Felipe Varela, situado a 15 km ao sueste da cidade, con voos regulares a Buenos Aires e A Rioxa, ou por vía terrestre en coche ou en ómnibus, na Terminal de Ómnibus de San Fernando del Valle de Catamarca.

Notas

Véxase tamén Bibliografía <cite id=Ciudad> <cite id=PuebloaPueblo> <cite id=Carta>

Ligazóns externas

Sitio web da Municipalidade de San Fernando del Valle de Catamarca Coord. xeográficas e imaxes satélite

Categoría:Cidades da Arxentina Categoría:Provincia de Catamarca