Gustavo Marzi, nado en Livorno o 25 de novembro de 1908 e finado en Trieste o 14 de novembro de 1966, foi un tirador de esgrima italiano, gañador de sete medallas olímpicas.
Traxectoria Participou, aos 19 anos, nos Xogos Olímpicos de 1928 celebrados en Ámsterdan, gañando a medalla de prata na proba por equipos de sabre, ademais finalizou cuarto na proba individual desa modalidade. Nos Xogos Olímpicos de 1932 dos Ánxeles gañou a medalla de ouro na proba individual de florete e prata nas probas por equipos de florete e sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín logrou a medalla de ouro na proba de florete, e medalla de prata nas probas individual e por equipos de sabre.
Ao longo da súa carreira gañou dezasete medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas sete de ouro.
Véxase tamén Ligazóns externas www.olympic.org - Gustavo Marzi www.sports-reference.com - Gustavo Marzi
Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Italia Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Esgrimistas de florete Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Italia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Italia Categoría:Nados na provincia de Livorno Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1936 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1928 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1936