A dos monodóntidos (Monodontidae) é unha familia de cetáceos odontocetos que habitan no Ártico e no norte dos océanos Pacífico e Atlántico, que comprende tan só dúas especies actualmente viventes, que son certamente infrecuentes: Monodon monoceros, o narval,narval no dicionario da RAG . cuxos machos teñen un único dente moi longo (denominado corno ou cabeiro), e Delphinapterus leucas, denominado polos cetólogos galegos blancón,Pérez Alberti, A. (dir.) (1982), p. 210. castelanismo que alude a que é o único cetáceo de cor completamente branca.Monodontidae en Mammal Species of the World
Ademais, coñécense dous xéneros fósiles, con cadansúa especie.
Etimoloxía O nome da familia, Monodontidae, foi cuñado por Gray en 1821, cando a describiu, e está formado sobre a base do nome do xénero tipo, Monodon, e a desinencia do latín científico -idae, usada para formar os nomes das familias dos animais e que significa "os parecidos a".
O xénero Monodon foi establecido por Linneo en 1758, na 10ª edición do seu Systema Naturae, e o formou cos elementos do latín mon- (do grego μόνος mónos, "só, único") e -odon (do grego οδούς, -όντος odoús-, -óntos, "dente"), debido á característica deste animal de presentaren, os machos, un só enorme dente.
Características As dúas especies son de mediano tamaño, cunha lonxitude que oscila entre os 3 e os 5 m. Presentan un melón ou mamelón na rexión frontal, non teñen un fociño prominente (como o dos golfiños) e, en lugar de teren aleta dorsal posúen unha crista longa e estreita ao logo do dorso, máis pronunciada en Monodon. A ausencia de aleta dorsal permítelles mobilizarse sen tropezar baixo as capas de xeo.A dentadura é moi reducida ou ausente, e nos Monodon só se conservan dous dentes un dos cales forma o característico corno dos machos.Brodie, Paul (1984): The Encyclopedia of Mammals. New York: Macdonald, D. (ed.). ISBN 0-87196-871-1.
Bioloxía
Son animais moi voraces e, como a maioría dos odontocetos, comunícanse entre si por medio dunha gran variedade de sons, e usan a ecolocación para moverse e buscar alimento. A súa dieta é carnívora, e está baseada en peixes, moluscos e crustáceos pequenos.
A xestación dura entre 14 e 15 meses e paren só unha cría. As crías son destetadas aos dous anos, e alcanzan a madurez sexual entre os 5 e os 8 anos de idade.
Clasificación da familia Especies viventes Subfamilia Delphinapterinae Xénero Delphinapterus Lacépède, 1804 Delphinapterus leucas (Pallas, 1776) - beluga ou brancón Subfamilia Monodontinae Xénero Monodon Linnaeus, 1758 Monodon monoceros Linnaeus, 1758 - narval
Especies extintas † Xénero Denebola Barnes, 1984 † Denebola brachycephala Barnes, 1984 Xénero † Bohaskaia Vélez-Juarbe & Pyenson, 2012 † Bohaskaia monodontoides Vélez-Juarbe & Pyenson, 2012
Nomes galegos Dada a distribución das dúas especies, por riba do círculo polar ártico, é normal que, a pesar dos afastados lugares que frecuentan e frecuentaron os pescadores galegos, non teñan moitos nomes vernáculos galegos. Porén, o dicionario da RAG recolle o nome de narval para Monodon monoceros, que tamén usan os cetólogos galegos da SGHN, de acordo coa terminoloxía nos demais idiomas modernos.<ref>O nome narval, e equivalentes, deriva do inglés narwhal ou narwal, modificación talvez influída polo inglés whale, "balea", do noruegués e danés narhval, e o sueco narval, probábel modificación o islandés nárhvalur, do antigo escandinavo nārhvalur, de nār "corpo" e hvalr "balea".</ref>
Polo que respecta a Delphinapterus leucas, na Lista patrón dos vertebrados de Galicia, proposta provisionalmente pola SGHN asígnaselle o nome de blancón, un evidente castelanismo por brancón, pero que foi recollido en Portonovo por Ríos Panisse,Ríos Panisse, M. C. (1983), p. 7. nome debido seguramente á cor completamente branca deste animal que, por outra parte, é de forma parecida, aínda que máis pequeno, que o negrón ou falsa candorca, Pseudorca crassidens, un cetáceo da familia dos delfínidos máis coñecido nas nosas augas, e que é de cor gris escura ou totalmente negra. Ríos Panisse tamén recolleu para esta especie os nomes de campelo, en Corme e santo, en Ribadeo e nas Figueiras (Castropol), na Asturias de fala galega.
Máis recentemente, no Gran dicionario Xerais,Carballeira Anllo, Xosé Mª (coord.) (2009) denomina a especie como beluga, adaptación do seu nome ruso, e de acordo cos nomes que se lle dan na maioría dos idiomas da nosa contorna.Cf. portugués beluga (tamén baleia-branca); castelán beluga; catalán beluga; italiano beluga; romanés beluga (tamén balena-albă); alemán Beluga (tamén Weißwal); francés béluga/bélouga (tamén baleine blanche, dauphin blanc e marsouin blanc), e mesmo en inglés (idioma que inventou o termo balea branca), denomínase beluga (pero tamén beluga whale e white whale).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carballeira Anllo, Xosé Mª (dir.) (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Tomo I: A-G. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-071-1. Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Pérez Alberti, Augusto (dir.) (1982): Xeografía de Galicia. Tono I: O medio. A Coruña: Edicións Sálvora. Ríos Panisse, M. C. (1983): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas. Verba, Anexo 19. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela. ISBN84-7191-291-0.
Outros artigos Cetáceos Odontocetos
Ligazóns externas Monodontidae en ITIS (en inglés)'' Monodontidae en WoRMS Monodontidae en ADW Monodontidae en NCBI
Categoría:Monodontidae