Pío Príncipe Gracia de Romero, nado en Jaca en 1866 e finado en Ourense o 14 de xaneiro de 1933, foi un político galego.
Traxectoria Estudou no Colexio San Ildefonso do Escorial. Tenente de Carabineiros. Foi destinado a Ourense en 1914, onde se xubilou. Ao retirarse dedicouse á actividade industrial. Integrouse no grupo republicano de Ourense do que formou parte da súa directiva xa en 1918. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Despois da escisión da Federación Republicana, organizou o Partido Radical con Luis Fábrega Coello, Fernández Pérez, Santos Fernández Fueyo e Antonio Buján Pérez; foi presidente do Partido e administrador de El Radical (1931). Foi nomeado secretario xeral do Partido Radical de Ourense o 8 de xaneiro de 1933.El Pueblo Gallego, 11-1-1933, p. 10. Finou en Ourense o 14 de xaneiro.La Región, 15-1-1933, p. 6.La Zarpa, 15-1-1933, p. 9. Recoñecementos
Cabaleiro da Orde de San Hermenegildo.
Vida persoal Casou con María Brunet Berta e foi pai de Soledad, Josefa, Juana, Pío e Emilio Príncipe Brunet.
Notas
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Jaca Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos