Eloxio da distancia é unha longametraxe de carácter documental galega estrada en 2007, dirixida por Felipe Vega e Julio Llamazares sobre unha idea orixinal de Mario Crecente.
Sinopse
O filme narra a vida diaria dos habitantes da Fonsagrada. O paso das estacións emprégase para mostrar imaxes e paisaxes da rexión, e ver coma os habitantes destas vilas desenvolven as súas vidas en relación ó medio que os rodea (recolección de cogomelos no outono, a auga da primavera proveniente do desxeo ou o nacemento dun becerro) e a relación cos propios veciños e demais habitantes da zona (a xuntanza dos amigos á mesa, a visita a un vello petrucio, os enterros, as clases de baile, a escola, ou a obra de teatro feita polos nenos). A película mostra unha forma de vida marcada polas distancias espaciais tanto internas coma externas, e pon en valor estes xeitos de vida máis tradicionais, fronte ás formas de vidas modernas propias das grandes vilas e cidades.
Características A película rodouse con actores non profesionais. Divídese en catro seccións de acordo a cada unha das estacións: Primavera: A personaxe central desta parte é Raúl, o carteiro. Verán: A personaxe principal desta sección e Luz e leva o subtítulo Os do outro lado, en referencia ós habitantes de Asturias e León, limítrofes coa Fonsagrada. Outono. Subtitulada Bolaño e os seu mundo Inverno. A personaxe principal é Pilar, a veterinaria.
Datos de interese Un dos personaxes máis vellos da longametraxe comenta a seguinte dita: Unha sebe dura tres anos. Un can dura tres sebes. Unha besta dura tres cans. E un home dura tres bestas Cada cambio de estación faise patente na película coa música da trompa ou berimbau, instrumento musical tradicional da rexión. Ó peche da película faise coa seguinte sentenza: A distancia. A distancia é o tempo pra pensar.
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2008Mellor filme documentalFormateo, Pórtico Comunicaciones, Tic Tac ProduccionesNomeado
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas
Ficha da película no portal CulturaGalega.org
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia