O absceso de Brodie é unha doenza ósea infecciosa. É unha complicación subaguda da osteomielite, que pode persistir durante anos até facerse crónica. O organismo que máis adoita causalo é o Staphylococcus aureus. Fisiopatoloxicamente, esta doenza é o resultado da formación dun absceso infeccioso que posteriormente queda arrodeado de óso de nova formación. O ósos do organismo máis frecuentemente afectados por esta doenza son as metáfises dos ósos longos, e de entre eles o máis afectado é a tibia, por ser ademais o óso máis afectado pola osteomielite. Deste xeito, o material pióxeno queda encerrado, como acontece en todos os abscesos. O termo provén do nome do cirurxián inglés Benjamin Collins Brodie.Brodie's abscess Whonamedit

Síntomas O principal síntoma é a dor, que adoita ser localizada no lugar da lesión. É unha dor nocturna, que se alivia coa administración de aspirina. Ás veces, os síntomas poden ser semellantes aos do osteoma osteoide, o cal é típicamente menor de 1 cm de diámetro.

Diagnóstico O método máis eficaz para diagnosticar un absceso de Brodie é a radiografía simple, por ser unha técnica barata e efectiva. Radiolóxicamente obsérvase unha zona radiolucente (branca) ovalada ou elíptica, de máis dun centímetro de diámetro, con tecido de granulación e certa esclerose. Outras técnicas de imaxe, coma a TAC ou a resonancia magnética son tamén útiles para o diagnóstico desta enfermidade.

Diagnóstico diferencial O absceso de Brodie pode ser confundido con outras doenzas:

Fracturas por fatiga Displasia fibrosa Osteoblastoma Osteosarcoma Osteoma osteoide Sarcoma de Edwig Reticulosarcoma Mieloma múltiple Metástases óseas Tumor de células xigantes Encondroma Condroblastoma Goma sifilítica Granuloma tuberculoso Infarto óseo Quiste óseo Quiste óseo aneurismático

Tratamento O tratamento principal para esta doenza é a cirurxía. O tipo de cirurxía dependerá do tamaño do absceso. Se este é pequeno, a cirurxía consiste na exérese do absceso, con posterior curetaxe e tratamento antibiótico. Se o absceso e de gran tamaño, haberá de fixarse o óso con enclavaxes endomedulares ou outros dispositivos cirúrxicos, tratamento semellante a unha fractura.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Doenza ósea infecciosa Osteomielite Absceso

Categoría:Traumatoloxía