O termo Cruzada pode referirse a:
Cruzada albixense ou cruzada cátara ou cruzada contra os cátaros, conflito armado que tivo lugar entre 1209 e 1244, por iniciativa do papa Inocencio III co apoio da dinastía dos Capetos (reis de Francia na época); Cruzada contra a coroa de Aragón, conflito bélico que durou dende 1283 até 1285; Primeira cruzada (1096–1099), complexo fenómeno histórico de campañas militares, peregrinacións armadas e expansión colonial en Oriente Próximo, que convulsionou esta rexión entre os séculos XI e XIII; Segunda cruzada (1145-1149), lanzada desde Europa pola cristiandade católica ('latina') como guerra santa contra o islam; Terceira cruzada (1187-1191), intento dos líderes europeos para reconquistar a Terra Santa de mans de Salah ad-Din Yusuf ibn Ayyub, coñecido en galego como Saladino; Cuarta cruzada (1202-1204), expedición militar organizada como unha cruzada para reconquistar Terra Santa, pero que variou o seu rumbo, terminando coa conquista e o saqueo de Constantinopla, capital do Imperio bizantino; Quinta cruzada (1217-1221), conxunto de accións militares provenientes de Europa Occidental para retomar Xerusalén e o resto de Terra Santa derrotando en primeiro lugar ao poderoso estado aiúbida de Exipto; Sexta cruzada (1228-1229), expedición militar para recuperar Xerusalén e o resto de Terra Santa; Sétima cruzada (1248-1254), liderada por Lois IX de Francia; Oitava cruzada (1264-1270), errada campaña militar liderada polo rei Lois IX de Francia que levou a cabo en Tunes; Novena cruzada (1271-1272), considerada como parte da oitava cruzada; Cruzada escocesa, raza de ovella propia de Escocia, orixinada a partir da cabecinegra escocesa e da leicester de cabeza azul.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza A Cruzada, lugar da parroquia de Caraño, no concello de Pol.
Véxase tamén Outros artigos
La Cruzada (1888-1889), periódico editado Ferrol; Indiana Jones e a última cruzada, filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que se estreou en 1989.