Delphinida é unha infraorde de cetáceos da orde dos odontocetos instituída por Muizon en 1984, e que foi consideada como monofilética por Gibson e Geisler en 2009,Delphinidia en Paleobiology Database. que comprende os verdadeiros golfiños e moitas outras especies semellantes.
O grupo foi integrado nos Pandelphinida por May-Collado et al. en 2007; aos Pandelphina por Agnarsson e May-Collado en 2008; aos Odontoceti por de Muizon en 1988, Fordyce e de Muizon en 2001, Kazar et al. en 2004, Uhen et al. en 2008, Gibson e Geisler en 2009 e Bianucci et al. en 2011, e nos Synrhina por Geisler et al. en 2011.
Taxonomía
A superfamidia subdivídese nas superfamilias e familias seguintes:Classification of the infraorder Delphinida en Paleobiology Database.
<big>Infraorde Delphinida</small> Muizon 1984 Superfamilia Delphinoidea Flower 1865 – golfiños e especies afíns Familia † Albireonidae Barnes 1984 Familia Delphinidae Gray 1821 – golfiños verdadeiros (incluíndo arroaces, caldeiróns e a candorca) Familia Monodontidae narval e beluga Familia Phocoenidae toniñas Superfamilia Inioidea – golfiños de auga doce Familia Iniidae Familia Pontoporiidae Que inclúe a especie Pontoporia blainvillei, o coñecido como golfiño do Prata, antes incluída na familia Iniidae. Superfamilia Lipotoidea – golfiños de auga doce (quizais extinta) Familia Lipotidae A dos Lipotidae é unha familia creada por Zhou, Qian & Li en 1978, que inclúe á especie Lipotes vexillifer, chamado golfiño chinés de río, antes icluída na familia dos Platanistidae. Superfamilia Physeteroidea – cachalotes Famila Kogiidae – cachalotes pequenos Familia Physeteridae – cachalote Superfamilia Platanistoidea – golfiños de auga doce Familia Platanistidae Superfamila Zifioidea – zifios Familia Ziphiidae
Notas
Categoría:Odontocetos