Chelsea Elizabeth Manning, nada co nome de Bradley Edward Manning en Oklahoma o 17 de decembro de 1987, é unha exsoldado do Exército dos Estados Unidos de América.
Traxectoria
Foi detida e procesada por acceso e difusión de informacións secretas, incluídas probas apuntando a crimes de guerra dos Estados Unidos. A detención fíxose en maio de 2010, mentres servía ás tropas estadounidenses en Iraq. Foi condenada en xullo de 2013 por violacións da Lei de Espionaxe e outros delitos, despois de filtrar documentos restrinxidos ao público. Manning foi condenada a 35 anos de prisión e unha dispensa deshonrosa, porén, con crédito para o tempo de servizo e bo comportamento podería ser posta en liberdade condicional tras oito anos. Foi posta en liberdade o 17 de maio de 2017. Na súa posta en liberdade interveu un indulto parcial de Barack Obama. A súa filtración parece ser a clave para o mandato de detención de Julian Assange en 2019.
É activista contra o estado de vixilancia dos Estados Unidos e polos dereitos trans.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados no condado de Logan, Oklahoma Categoría:Estadounidenses de ascendencia galesa