miniatura|Valentina Monetta 2014 Valentina Monetta, nada na Cidade de San Marino o 1 de marzo do 1975, é unha cantante de pop sanmarinesa.

Carreira En 2008, Monetta enviou a canción "Se non ci sei tu" para participar na selección nacional para representar a San Marino no Festival de Eurovisión 2008, pero non foi seleccionada por SMtv.

O 14 de marzo de 2012, a televisión sanmarinesa SMtv anunciou que Monetta sería a representante do seu país no Festival de Eurovisión 2012 en Bakú, Azerbaidján coa canción "Facebook Uh, Oh, Oh" tras ser elixida internamente. Non obstante, o 18 de marzo, uns días despois de ser anunciada a canción, a UER considerou que a canción seleccionada contiña unha mensaxe comercial da rede social Facebook, o que deu lugar á descualificación da letra e cambiouse a "The Social Network Song (OH OH - Uh - OH OH)".

Monetta participou na primeira semifinal do Festival de Eurovisión 2012 celebrado o 22 de maio de 2012, e clasificouse en 14º lugar con 31 puntos, polo que non logrou acceder á gran final do certame. Ao ano seguinte foi elixida de novo por SMtv para representar o país no Festival de Eurovisión 2013 celebrado na cidade de Malmö, Suecia; coa canción en italiano "Crisalide (Vola)" composta por Ralph Siegel, obtendo finalmente o posto 11, a tan só 16 puntos de pasar á final.

O 20 de xuño de 2013 asinou un pre-acordo coa televisión pública de San Marnño (SMtv) para volver representar ao país no Festival de Eurovisión 2014, aínda que cabe destacar que non se trata dun acordo definitivo.http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=8875&idioma=

Discografía Álbums Título Detalles do Álbum Il mio gioco preferito Lanzamento: 19 de setembro de 2013. Formatos: Descarga dixital. La storia di Valentina Monetta Lanzamento: 7 de xuño de 2013. Formatos: CD/Descarga dixital.

Sinxelos Ano Título Álbum 2002 Sharp -- 2008 Se Non Ci Sei Tu 2011 Una Giornata Bellissima La Storia di Valentina Monetta 2012 I'll Follow the Sunshine The Social Network Song 2013 Crisalide

Referencias

Categoría:Cantantes de San Marino Categoría:Nados en San Marino Categoría:Nados en 1975 Categoría:Representantes de San Marino en Eurovisión