A Liga Galega de Wáter-polo división 2 é unha competición de wáter-polo de carácter anual, que se disputa en Galicia e que está regulamentada pola Federación Galega de Natación.Arquivo PDF da circular da Federación Galega de Natación regulamentando a Liga Galega de Wáter-polo É a categoría inmediatamente inferior á Liga Galega de Wáter-polo. Foi disputada por primeira vez na tempada 2012-2013.

Equipos que a integran

Na tempada 2012-2013 forman a liga seis equipos, tres deles coma filiais:

Club Natación Coruña-Banco Gallego B, da Coruña. Club Waterpolo Pabellón Ourense, Ourense. Club Asociación Coruñesa de Waterpolo, da Coruña. Club Waterpolo Santiago B, de Santiago de Compostela. Club Waterpolo Pontevedra B, de Pontevedra.

Sistema de competición O sistema de competición consiste nunha liga regular con enfrontamentos entre todos os equipos, a modo de ida e volta. Unha vez rematada a tempada regular, os dous primeiros clasificados enfróntase entre si e, o gañador deles, disputa o play-off de ascenso co último clasificado da Liga Galega de Wáter-polo.

Historial TempadaCampión División 2Último División 1Gañador 2011/201220px CN Pontevedra B20px RCN Vigo20px RCN Vigo 2012/201320px CW Pavillón Ourense20px RCN Vigo20px RCN VigoFederación Galega de Natación: resultados de Waterpolo 2012-2013. Dispoñíbel aquí 2011/201220px CN Coruña B20px RCN Vigo20px RCN Vigo

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Ligazóns externas Sección de Wáter-polo da Federación Galega de Natación

Categoría:Competicións de wáter-polo de Galicia