Der letzte Mann (O derradeiro home) é un filme mudo alemán dirixido por F. W. Murnau que se estreou en 1924. Historicamente recoñecido como o primeiro filme que explorou o movemento de cámara.

Sinopse Historia do porteiro dun luxoso hotel, un ancián orgulloso do seu traballo e respectado por todos, que de súpeto é degradado a mozo dos lavabos. Privado do seu antigo traballo e do uniforme que o identifica, intenta agochar a súa nova condición.

Personaxes Emil Jannings como 'Hotelportier' (porteiro do hotel) Maly Delschaft como 'seine Nichte' (a súa sobriña) Max Hiller como 'ihr Bräutigam' (o seu mozo) Emilie Kurz como Tía do esposo Hans Unterkircher como 'Geschäftsführer' (director do hotel) Olaf Storm como 'junger Gast' (mozo convidado) Hermann Vallentin como 'spitzbäuchiger Gast' (convidado barrigudo) Georg John como 'Nachtwächter' (sereno) Emmy Wydaa como 'dünne Nachbarin' (veciña delgada)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1924 Categoría:Cinema mudo Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por F. W. Murnau Categoría:Filmes ambientados en Berlín