O Gran Premio de España de 1974 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 28 de abril de 1974 en Madrid. Foi a cuarta proba da tempada de .

Resumo da carreira

A carreira presentábase máis aberta que nunca, tres pilotos diferentes de diferentes equipos gañaran as tres primeiras carreiras e un piloto que non gañara nada, Clay Regazzoni lideraba o campionato. Niki Lauda logrou a pole por diante de Ronnie Peterson nunha sesión de clasificación interrompida por un grande accidente de Patrick Depailler. Na carreira, foi Peterson quen liderou desde a saída, cando comezou a chover. A medida que secouse a pista, os coches metéronse nos boxes para cambiar os pneumáticos.

O Ferrari de Lauda fixo a parada en 35 segundos, o que lle permitiu tomar a dianteira e xunto ó seu compañeiro Regazzoni encabezaron a carreira, foi a primeira vitoria de Niki Lauda . Arturo Merzario perdeu a oportunidade de terminar nos puntos ó golpear contra o muro cando ía cuarto. Emerson Fittipaldi mantívose terceiro logo dunha dura loita con Hans-Joachim Stuck, mentres que Jody Scheckter logrou os seus primeiros puntos.

O piloto español Jorge de Bagration, tratou de participar na carreira, pero os seus esforzos foron vítimas dun conxunto infrecuente de circunstancias, comprara un Surtees - Ford TS16 para a carreira, e foi incluído na lista de inscritos. Desafortunadamente esta lista foi extraviada polo presidente saínte da Federación española de automobilismo. Cando elaborouse unha nova lista de entrada, debido dalgúns problemas de patrocinio que Bagration estaba experimentando, foi omitido dela. A pesar disto debería ser incluído na lista de participantes. Así terminou as súas esperanzas de competir ó nivel máis alto de automobilismo.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 12 Niki Lauda Ferrari 84 2:00:29.56 1 9 2 11 Clay Regazzoni Ferrari 84 + 35.61 3 6 3 5 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 83 + 1 volta 4 4 4 9 Hans Joachim Stuck March-Ford 82 + 2 voltas 13 3 5 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 82 + 2 voltas 9 2 6 6 Denny Hulme McLaren-Ford 82 + 2 voltas 8 1 7 16 Brian Redman Shadow-Ford 81 + 3 voltas 21 8 4 Patrick Depailler Tyrrell-Ford 81 + 3 voltas 16 9 33 Mike Hailwood McLaren-Ford 81 + 3 voltas 17 10 24 James Hunt Hesketh-Ford 81 + 3 voltas 10 11 28 John Watson Brabham-Ford 80 + 4 voltas 15 12 15 Henri Pescarolo BRM 80 + 4 voltas 20 13 18 Carlos Pace Surtees-Ford 78 + 6 voltas 14 14 23 Tim Schenken Trojan-Ford 76 Trompo 25 Ret 17 Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 73 Non clasificado 12 Ret 26 Graham Hill Lola-Ford 43 Motor 19 Ret 20 Arturo Merzario Iso Marlboro-Ford 37 Accidente 7 Ret 19 Jochen Mass Surtees-Ford 35 Caixa de cambios 18 Ret 37 François Migault BRM 27 Motor 22 Ret 2 Jacky Ickx Lotus-Ford 26 Freos 5 Ret 1 Ronnie Peterson Lotus-Ford 23 Motor 2 Ret 30 Chris Amon Amon-Ford 22 Freos 23 Ret 8 Rikky von Opel Brabham-Ford 14 Fuga aceite 24 Ret 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 12 Trompo 6 Ret 14 Jean-Pierre Beltoise BRM 2 Motor 11 NSC 27 Guy Edwards Lola-Ford NSC 21 Tom Belsø Iso Marlboro-Ford

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Clay Regazzoni 16 2 Niki Lauda 15 3 Emerson Fittipaldi 13 4 Denny Hulme 10 5 Carlos Reutemann 9

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Ford 26 2 Ferrari 21 3 Brabham-Ford 9 4 BRM 8 5 Tyrrell-Ford 6

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

''A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1974 Categoría:Gran Premio de España de Fórmula 1