Sousa é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que comprende tres especies de golfiños que se caractarizan por teren unha xiba ba base da aleta dorsal, e que viven na rexión Indo-pacífica e nas costas da África centrooccidental.

Catacterísticas Teñen o corpo robusto, cun melón arredondado na cabeza e un bico longo e delgado, e cunha xiba alongada no dorso, rematada por unha pequena aleta dorsal. Viven en augas costeiras pouco profundas e estuarios, na rexión Indo-pacífica e da África centrooccidental.Carwardine, M. (1995), pp. 174-177.

Taxonomía A taxonomía do xénero Sousa é complicada e discutida, chegando algúns autores a propoñer até cinco especies dentro del: Sousa chinensis, do océano Pacífico. Sousa plumbea, do Índico, nas cosatas da India. Sousa teuszi do Atlántico centroafricano. Sousa lentiginosa, e Sousa borneensis Até mediados da década de 2000, a maioría das autoridades aceptaban só dúas especies, Sousa chinensis e S. teuszi.Wilson & Reeder (2005): Mamamal Species of the WorldNational Audubon Society (2002): Guide to Marine Mammals of the World. ISBN 0-375-41141-0.Mann, Connor, Tyack e Whitehead (2000): Field Studies of Whales and Dolphins.Cetacean Societies. ISBN 0-226-50340-2.Sousa en NCBI].Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Sousa en Mammal Species of the World.

Porén, na sistemática de Rice, amplamente utilizada, identifícanse tres especies, engadindo S. plumbea ás dúas anteriores.Dale W. Rice (2000): Land Mammals of the World. Systematics and Distribution. Society of Marine Mammalogy. Special Publication No. 4.

Pero o cetólogo autraliano Graham Ross escribiu "porén, recentes estudos morfolóxicos, apoiados por análises xenéticas, indican que hai unha soa especie con diverdas variantes, para a cal o nome S. chinensis ten prioridade".Graham J. B. Ross (1998): "Humpback Dolphins" pp. 585-589 en Encyclopedia of Marine Mammals. ISBN 0-12-551340-2.

De calquera xeito, o consenso maioritario na actualidade sobre es especies de Sousa son as tres especies seguintes:Sousa Gray, 1866 en ITIS. Sousa chinensis (Osbeck, 1765) Sousa plumbea (G. Cuvier, 1829) Sousa teuszii (Kükenthal, 1892)

Distribución das tres especies

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3. Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetáceos Odontocetos Delfínidos

Ligazóns externas Sousa en ADW.

Categoría:Delphinidae Categoría:Cetáceos do océano Atlántico