San Salvador da Ermida é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 122 habitantes (64 homes e 58 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes.

Toponimia O topónimo deriva do latín , que é unha igrexa pequena, polo xeral lonxe ou fóra dun núcleo de poboación, ou tamén pode facer referencia a un sitio ermo ou sen traballar.

Historia Esta parroquia foi suprimida a nivel eclesiástico, pero figura como tal a nivel administrativo.

Coma evidencia da longa antigüidade atopamos a pegada da cultura castrexa nun lugar coñecido como Castro ou Castelo de Gosende. Tamén existen diferentes mámoas coma a mámoa da Mina do Rodado, a dos Pasos do Río e a da Hedreira.

A única capela é unha pequena ermida de planta rectangular e con muros de cachotería, agás nos esquinais e nas pezas dos linteis da porta, que son de perpiaño irregular. A porta está descentrada e leva unha pequena ventá con lados biselados, no centro, debaixo da espadana.

Arquitectura popular

Muíños Todos moían coas augas do río Grande (río Abuín). da Rena, moía todo o ano. de Abaixo, todo o ano de Gosende, catro meses no ano. da Hedreira, todo o ano.

Festas 5 de agosto: As Neves. 25 de decembro: San Salvador. 26 de decembro: San Silvestre.

Lugares e parroquias Lugares da Ermida

Parroquias da Baña

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Baña

Categoría:Parroquias da Baña Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador