Steven Andrew Soderbergh, nado en Atlanta (Xeorxia) o 14 de xaneiro de 1963, é un director de cine e guionista estadounidense. Tamén adoita traballar como director de fotografía e montador, empregando os pseudónimos de Peter Andrews e Mary Ann Bernard respectivamente.
Traxectoria Criado nunha familia de orixe sueca descubriu o cine na adolescencia, cando comezou a rodar curtametraxes caseiras en Super8.
Tras graduarse no instituto marchou a Hollywood onde comezou a traballar como montador por libre. Debutou como director con Sex, Lies, and Videotape, película independente que o levou a gañar a Palma de Ouro en Cannes, sendo o director máis novo en conseguila.
A continuación dirixiu película con baixos orzamentos, ata que chegou Out of Sight, coa que comezaría a súa colaboración con George Clooney. Desde entón foi alternando películas independentes con grandes producións.
No ano 2001 foi nomeado ao oscar ao mellor director por dúas películas diferentes: Erin Brockovich e Traffic, coa que gañaría o premio. Era a primeira vez desde 1938 que un director conseguía esta dobre candidatura.
En varias ocasións afirmou que deixaría o cine para adicarse á pintura.
Obra Sex, Lies, and Videotape (1989) Kafka (1991) King of the Hill (1993) The Underneath (1995) Gray's Anatomy (1996) Schizopolis (1996) Out of Sight (1998) The Limey (1999) Erin Brockovich (2000) Traffic (2000) Ocean's Eleven (2001) Full Frontal (2002) Solaris (2002) Ocean's Twelve (2004) Bubble (2005) O bo alemán (2006) Ocean's Thirteen (2007) Che (filme en dúas partes; 2008) The Girlfriend Experience (2009) O informante (2009) Contaxio (2011) Haywire (2012) Magic Mike (2012) Side Effects (2013) Behind the Candelabra (película para televisión; 2013)
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor director Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Atlanta, Xeorxia