Francisco María Rivas Taboada Baamonde, nado en Siador (Silleda) e finado en 1874, foi procurador e alcalde do concello de Chapa, o que hoxe é Silleda.

Traxectoria Propietario do pazo de Sestelo, na parroquia onde naceu, promoveu a creación do Santuario da Virxe da Saleta, converténdose no primeiro en toda España baixo esta advocación. En 1863 encargoulle unha imaxe da virxe ao escultor santiagués Magariños, que foi trasladada a ombreiros desde Compostela ata o seu pazo, onde permaneceu ata o ano seguinte, cando se traslada ao santuario, xa construído este. Foi alcalde de Chapa en 1856 e 1865.

Vida persoal

Casou con Carmen Martínez Núñez e foi pai de Elías Vicente Rivas Martínez e avó de Narciso Rivas Martínez, o primeiro xuíz municipal en Silleda e o segundo alcalde de Ourense. Notas

Categoría:Alcaldes de Silleda Categoría:Nados en Silleda Categoría:Finados en 1874