Sally Margaret Field, nada en Pasadena (California) o 6 de novembro de 1946, é unha actriz de cinema e televisión estadounidense.

Traxectoria Comezou a súa carreira interpretativa na televisión a finais dos anos sesenta, como na serie The Flying Nun (1967-1970) da que foi protagonista. O seu primeiro papel importante no cinema foi en 1967, no filme The Way West.

En 1979 protagonizou Norma Rae, que lle valeu multitude de premios coma o oscar á mellor actriz e o premio á mellor actriz en Cannes. Cinco anos despois chegoulle o seu segundo oscar, con Places in the Heart.

Nos anos noventa os seus traballos foron máis esporádicos, con filmes como Forrest Gump ou Non sen a miña filla.

Ten traballado tamén na televisión nas últimas décadas, con papeis en series coma ER e Brothers & Sisters.

En 2005 foille diagnosticada osteoporose.

Filmografía Ano Filme 1962 Moon Pilot1976 Stay Hungry 1977 Smokey and the Bandit 1977 Heroes 1978 The End 1978 Hooper 1979 Norma Rae 1979 Beyond the Poseidon Adventure 1980 Smokey and the Bandit II 1981 Back Roads 1981 Absence of Malice 1982 Kiss Me Goodbye 1984 Places in the Heart 1985 Murphy’s Romance 1987 Surrender 1987 Arma letal 1988 Punchline 1989 Steel Magnolias 1991 Non sen a miña filla 1991 Soapdish 1993 Mrs. Doubtfire 1994 Forrest Gump 1996 Eye for an Eye 2000 Where the Heart Is 2000 David Copperfield 2001 Say It Isn’t So 2003 Unha loira moi legal 2 2006 Two Weeks 2012 The Amazing Spider-Man 2012 Lincoln

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Actores de California Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de California Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en Pasadena, California Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Óscar á mellor actriz