La Opinión foi un periódico publicado en Redondela entre 1894 e 1916.
Historia e características Subtitulado Semanario Independiente, estaba dirixido por Heliodoro Rivas Rivas. Tivo unha primeira época en 1894 como continuación de La Voz del Pueblo. Pero a máis importante é a que comeza en 1909, na que foi de tendencia agrarista. Entre os seus redactores figurou Baldomero Táboas. Foron os seus colaboradores Juan Amoedo Seoane, Claudio Contreras Valiñas, Telmo Bernárdez, José Pereira Míguez, Bernardo Fernández Esteiro e Joaquín Núñez de Couto. Combateu a La Idea e defendeu a candidatura do xeneral Rubín.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Redondela
Categoría:1894 en Galicia Categoría:Prensa agraria