Eileen Evelyn Greer Garson, nada en Manor Park, Essex o 29 de setembro de 1904 e finada en Dallas, Texas o 6 de abril de 1996, foi unha actriz de cinema británica, nacionalizada estadounidense.
Traxectoria Estudou en Londres e na universidade de Grenoble, Francia, pretendendo ser mestra. Non obstante comezou a actuar en obras locais e para axencias de publicidade.
As súas primeiras experiencias profesionais foron no teatro en Birmingham e nas emisións experimentais de televisión da BBC en 1937.
Foi descuberta por Louis B. Mayer, asinando un contrato coa MGM en 1937. Co seu primeiro filme, Goodbye, Mr. Chips foi candidata ao Oscar, premio que gañaría en 1942 por Mrs. Miniver. O seu discurso de aceptación foi o máis longo na historia dos premios.
Desde que rematou o seu contrato coa MGM en 1954, as súas aparicións na pantalla volvéronse máis esporádicas.
Filmografía Ano Filme 1939 Goodbye, Mr. Chips1939 Remember? 1940 Pride and Prejudice 1941 Blossoms in the Dust 1941 When Ladies Meet 1942 Mrs. Miniver 1942 Random Harvest 1943 The Youngest Profession 1943 Madame Curie 1944 Mrs. Parkington 1945 The Valley of Decision 1945 Adventure 1947 Desire Me 1948 Julia Misbehaves 1949 That Forsyte Woman 1950 The Miniver Story 1951 The Law and the Lady 1953 Scandal at Scourie 1953 Julius Caesar 1954 Her Twelve Men 1955 Strange Lady in Town 1960 Sunrise at Campobello 1966 The Singing Nun 1967 The Happiest Millionaire 1968 The Little Drummer Boy 1978 Little Women
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Essex Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Marie Curie