dereita|miniatura|220px|Ilustración. A Lavandula latifolia é un arbusto da familia das lamiáceas (Lamiaceae), presente en España, o sur de Inglaterra, e Francia, sobre todo en comunidades de zonas montañosas, en matogueiras. Tamén pode encontrarse nos Pireneos e nas montañas que separan Valencia de Aragón e de Cataluña, onde conviven Lavandula latifolia e Lavandula angustifolia, abrindo as primeiras flores L. latifolia, e L. angustifolia acabando a floración.

O aroma de Lavandula latifolia é desagradable, e o de L. angustifolia moi bo.

Descrición A Lavandula latifolia é un arbusto perenne en forma de mata. Alcanza os 80 cm de altura. As follas son lineares-oblongas, duns 10 cm de lonxitude. As flores (as cales son polinizadas por diferentes insectos) son perfumadas, hermafroditas e de cor azul ou violeta; aparecen en agosto e prodúcense en espigas terminais. Toda a planta desprende un olor alcanforado.

Composición química d-alcanfor (36%) 1-8 cineol (33%) d-borneol (4%) (substancia coñecida como alcanfor de Borneo, de fórmula C10H18O) alfa Pineno (4%) beta pineno (3%) cariofileno (2%) d-canfeno (2%) azulenol 2% lineol xeraniol

Usos medicinais A lavanda Lavandula latifolia ten características medicinais similares á Lavandula angustifolia. Produce tamén un aceite esencial, aínda que de inferior calidade. O aceite esencial obtido das flores é abortivo, antibacteriano e antiséptico, e pode ser utilizado con fins de aromaterapia. É utilizada vía tópica para tratar feridas, queimaduras, picaduras etc. Tamén pode ser utilizada para tratar desordes dixestivas e do sistema inmunitario. Débese lembrar que as esencias poden producir gastrite e úlcera péptica, reaccións alérxicas e, en doses elevadas, dores de cabeza, náuseas, vómitos e somnolencia; razón pola cal, para o seu uso, débese ter asesoramento médico ou farmacéutico.

Sinónimos Lavandula spica subsp. latifolia Bonnier e Layens Lavandula latifolia var. tomentosa Briq. Lavandula latifolia var. erigens (Jord. e Fourr.) Rouy Lavandula interrupta Jord. e Fourr. Lavandula inclinans Jord. e Fourr. Lavandula guinandii Gand. Lavandula decipiens Gand. Lavandula cladophora Gand. Lavandula spica var. vulgaris Ging., Hist. Nat. Lavand.: 154 (1826), nom. inval. Lavandula major Garsault, Fig. Pl. Méd.: t. 330 (1764), opus utique oppr. Lavandula spica var. ramosa Ging., Hist. Nat. Lavand.: 154 (1826). Lavandula ovata Steud., Nomencl. Bot., ed. 2, 2: 17 (1841). Lavandula erigens Jord. e Fourr., Brev. Pl. Nov. 2: 88 (1868). Lavandula hybrida E.Rev. ex Briq., Lab. Alp. Mar.: 469 (1895).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Blumenthal M, Goldberg A, Brinckmann J. Herbal Medicine, Expanded Commission E Monographs. Integrative Medicine Communications, Newton. First Edition, 2000. Grases F, Melero G, Costa-Bauza A et al. Urolithiasis and phytotherapy. Int Urol Nephrol 1994; 26(5): 507-11. Paris RR, Moyse H. Matière Médicale. Masson & Cia., París; 1971. Tome. PDR for Herbal Medicines. Medical Economics Company, Montvale. Second Edition, 2000.

Ligazóns externas

Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas medicinais Categoría:Lavandula