miniatura|Manuel Quiroga en 1911. A seguinte lista presenta todas as composicións do violinista e compositor galego Manuel Quiroga Losada. As composicións están divididas en catro grupos distintos: composicións orixinais, estudos e caprichos, transcricións de obras doutros compositores, e cadencias de concertos doutros compositores. A orde que emprega está lista é cronolóxica no caso de que se coñeza o ano de composición da obra, dentro das obras do mesmo ano o criterio empregado é a data de estrea, e no caso de que esta non se coñeza sería a data de publicación; no caso de non coñecerse a data de composición, se emprega a data de estrea, e no caso de que non se coñezan as datas de composición e estrea tómase a data de publicación. Os títulos das composicións son os orixinais e na descrición indícanse as características da obra, datos sobre o lugar, e os intérpretes da estrea, no caso de seren coñecidos.
Obras orixinais