miniatura|Petróglifo da Pedreira, un dos elementos arqueolóxicos da ruta das Pedras. A ruta das Pedras é unha ruta de sendeirismo sito na parroquia redondelá de San Martiño de Ventosela. O seu nome provén das múltiples formacións rochosas que se atopan ao longo do camiño. Ten un percorrido circular e conta cunha lonxitude de 10 km.
Características O itinerario, que ten unha duración aproximada de tres horas e unha lonxitude de 10 km, é un sendeiro circular que comeza na Casa Cultural de Ventosela e remata no mesmo punto. A ruta ascende pola montaña até chegar ao punto máis alto, lugar onde se atopa a pedra Taió. Dende o cumio da montaña pódese observar a ría de Vigo e a enseada de San Simón. miniatura|Igrexa parroquial de San Martiño de Ventosela. Patrimonio arqueolóxico O patrimonio arqueolóxico da ruta das Pedras conta cos seguintes elementos de interese: Conxunto rupestre da Pedreira: está formado por varios petróglifos con figuras ecuestres e figuras circulares concéntricas. A Pedra que Fala: trátase dunha formación pétrea en forma de cova que permite entrar no seu interior. Ao se producir un son, a estrutura da construción fai que se produza unha reverberación acústica que semella a unha persoa a falar. Pedra Taió: constitúe o punto máis alto do percorrido. A súa estrutura simula un pequeno refuxio. Laxe das Abellas: tamén coñecida coma Pedra das Abellas por existiren panais de abellas para a produción de mel no seu interior. Trátase dun conxunto de grandes formacións rochosas compostas de granito das que na actualidade saen pequenos regatos procedentes de mananciais da montaña. Pedras Agudas Pedra Erosionada
Patrimonio arquitectónico No seu percorrido tamén pasa pola igrexa parroquial de Ventosela.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Anecdotario redondelán: A ruta das Pedras.
Categoría:Rutas de sendeirismo en Redondela