250px|dereita O eng ou engma ( Ŋ, ŋ ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino, empregada para representar unha consoante velar nasal.
Historia miniatura|esquerda|Texto en gamilaraay de 1856, que emprega un G xirado para substituír o ŋ. No Fyrsta Málfræðiritgerðin,Reprodución dixital en Old Norse etexts. tratado do século XII sobre a fonética do antigo nórdico e do antigo islandés emprega o carácter g para representar o son n velar. Xa en 1619 Alexander Gill “o Vello” utiliza un n minúsculo cun gancho semellante ao do g no seu libro Logonomia Anglica. No caso da letra maiúscula emprega G cun trazo. Desde entón, lingüistas coma William Holder ou Benjamin Franklin continuaron a empregar o símbolo para representar ese fonema.
Os antigos impresores, que non dispoñían do símbolo adoitaban empregar un G maiúsculo rotado ou ben a letra grega eta ( ƞ ).
Uso O Alfabeto Fonético Internacional emprega o símbolo [ŋ] para representar a consoante velar nasal, como no galego “unha” ([ˈuŋa̝]) ou “non” ([ˈnoŋ]). O ŋ é unha letra do alfabeto africano de referencia. A letra é empregada en máis de cen linguas africanas, entre elas no wólof, no ewe, no luganda, no basaa, no bambara ou no fula. No o'odham, en Norteamérica e nos dialectos norte, inari, skolt, ter e ume das linguas saamis, en Europa tamén empregan a letra para representar o mesmo fonema. No yolŋu, de Australia representa o fonema [ɲ].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Gancho (diacrítico) Ligazóns externas Ortografía práctica das linguas africanas
Categoría:Tipografía Categoría:Grafémica Categoría:Alfabeto latino Categoría:Símbolos de transcrición fonética