O II Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 3 de marzo de 1957 en Frankfurt, Alemaña. A presentadora foi Anaid Iplicjian e a vitoria foi para Corry Brokken co tema "Net Als Toen".

A segunda edición deste programa foi principalmente radiofónica, pero incrementouse considerablemente o número de espectadores a través da televisión. Aínda que Suíza gañara a primeira edición de 1956, non foi a organizadora do festival xa que non se creou aínda a norma pola que o país vencedor debía facerse cargo da organización ao ano seguinte. Nun principio considerouse a posibilidade de que cada país fixésese cargo do festival de modo rotativo, pero debido ao incremento dos países participantes, observouse que isto sería imposible.

No festival deste ano, observouse que existía unha gran disparidade na duración das cancións participantes (o tema italiano duraba 5:09 minutos, mentres que o británico só 1:52 minutos). Había un límite recomendado de 3:30 por canción pero non era aínda vinculante.

En 1957 foi a primeira vez na que o proceso de votación foi público, o que hoxe é unha das principais características do Festival de Eurovisión. Ademais, foi a primeira edición na que se contactou cos xurados por teléfono.http://www.eurovision.tv/page/history/by-year/contest?event=274

Neste ano impúxose unha norma pola cal unicamente solistas ou dúos poderían concorrer ao festival, norma que, con modificacións, permanecería vixente ata 1970.

Birthe Wilke e Gustav Winckler, representantes daneses, bicáronse ao final da súa actuación, aínda que só os posuidores de televisión puideron ser testemuñas diso. Destacan tamén as participacións de Suíza, que volvía estar representada, por segunda vez consecutiva, por Lys Assia, aínda que nesta ocasión non tería tanta sorte como no festival do ano anterior e acabaría penúltima; e a representación dos Países Baixos por parte de Corry Brokken, que supoñería a súa segunda participación no Festival, foi a que finalmente se alzou coa vitoria.

Nesta edición foi cando se escoitou por primeira vez o castelán no festival, catro anos antes da entrada de España na competición. A canción alemá, Telefon, Telefon, de Margot Hielscher, incluía frases en varios idiomas, un deles o español.

Cancións e selección País e TV Título orixinal da canción Artista Proceso e data de selección Tradución ao galego Linguas de interpretaciónARD "Telefon, Telefon" Margot HielscherFinal nacional, 17-02-57 Teléfono, teléfono Alemán, con frases en francés,inglés, italiano e español ORF "Wohin, kleines Pony?" Bob MartinElección interna Onde, pequeno poni? Alemán NIR | "Straatdeuntje"| Bobbejaan Schoepen|rowspan=2| De T.V. Maakt Muziek |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Melodía de rúa | Neerlandés |- |rowspan=2| DSR | "Skibet skal sejle i nat"| Birthe Wilke & Gustav Winckler|rowspan=2|Dansk Melodi Grand Prix, 17-02-57 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | O barco irase esta noite | Dinamarqués |- |rowspan=2| RTF| "La belle amour"| Paule Desjardins|rowspan=2|Elección interna |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | O belo amor | Francés |- |rowspan=2| RAI| "Corde della mia chitarra"| Nunzio Gallo|rowspan=2|Festival de San Remo, 09-02-57 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Cordas da miña guitarra | Italiano |- |rowspan=2| CLT| "Amours mortes"| Danièle Dupré|rowspan=2|Elección interna |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Amores mortos | Francés |- |rowspan=2| NTS| "Net als toen"| Corry Brokken|rowspan=2|Nationaal Song Festival 1957, 03-02-57 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Xusto como entón | Neerlandés |- |rowspan=2| BBC| "All"| Patricia Bredin|rowspan=2|A Song for Europe, 12-02-57 |- style="border-bottom: 1px #222 solid;" | Todo | Inglés |- |rowspan=2| SSR SRG| "L'enfant que j'étais"| Lys Assia'''Final nacional, 11-02-57 A nena que eu era. Francés

Resultados # País Artista(s) Canción Posición Puntos 1 Bobbejaan Schoepen Straatdeuntje 8 5 2 Danièle Dupré Amours mortes 4 8 3 Patricia Bredin All 7 6 4 Nunzio Gallo Corde della mia chitarra 6 7 5 Bob Martin Wohin, kleines Pony? 10 36 Corry Brokken Net als toen. 1 31 7 Margot Hielscher Telefon, Telefon 4 8 8 Paule Desjardins La belle amour 2 17 9 Birthe Wilke & Gustav Winckler Skibet skal sejle i nat 3 10 10 Lys Assia L'enfant que j'étais 8 5

Repartición de votos Xurados Total 14px Bélxica 5 0 0 0 0 0 2 0 2 1 Luxemburgo 8 0 1 4 3 0 0 0 0 0 Reino Unido 6 1 1 0 1 1 0 0 0 2 Italia 7 1 1 2 0 2 0 0 1 0 Austria 3 0 0 2 0 1 0 0 0 0 Países Baixos 31 5 3 1 1 6 1 4 3 7 Alemaña 8 1 0 0 1 0 0 6 0 0 Francia 17 2 4 2 0 0 1 6 2 0 Dinamarca 10 0 0 2 3 0 5 0 0 0 Suíza 5 0 1 0 1 0 0 1 0 2 A táboa está ordenada por orde de aparición.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Frankfurt ARD Festival da Canción de Eurovisión Ligazóns externas Festival de Eurovisión 1957 en YouTube.

1957