A avenida de Enrique Salgado Torres é un dos principais accesos viarios á Coruña. Dende 1971 leva o nome de Enrique Salgado Torres, antigo director xeral de Vivenda do Ministerio de Vivenda de España nos anos 60, principal impulsor desta vía e dos barrios que a arrodean.

Orixinariamente púxose en servizo como vía de alta capacidade para conectar o porto da Coruña e a N-VI co florecente polígono industrial A Grela - Bens e a AC-552. O seu firme caracterízase por ser de placas de formigón, habitual nese tipo de vías construídas por esa época.

Coa posta en servizo da AC-10, a avenida de Salgado Torres foi perdendo tráfico, especialmente pesado, até que en 2015 abriu o enlace da avenida coa AC-14 que a converteu nunha vía de entrada á cidade.Salgado Torres será la «futura entrada principal» de la ciudad

O 15 de xuño de 2016 púxose en funcionamento unha rotonda entre o túnel e a conexión coa AC-14 que permite liberdade de xiros para os vehículos con orixe ou destino na 2ª fase do polígono de Elviña e a estación de tren de San Cristovo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Rúas da Coruña