José Manuel Ledo Santiso, nado en Sabadell en 1968, é un escritor galego.
Traxectoria Chegou a Galiza coa súa familia aos sete anos da man do seu pai, David Ledo Fontela, que era mestre. Viviron nas Neves (Pontedeume), Melide, Toques, Muros e Chantada.
Pertence á xeración dos Novissimos nada no Instituto de Chantada, onde un grupo de 11 mozos da localidade participaron en diversas exposicións de pintura, da man do seu profesor de debuxo Xose Artiaga. Realizou exposicións conxuntas na Casa da Parra (Santiago Compostela), Sala Duran Loriga (A Coruña), Sala da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Vigo. miniatura|Papeleta ás Xerais de novembro de 2019 por Pontevedra. Diplomado en Maxisterio e licenciado en Pedagoxía, é membro do partido político Os Verdes-Galicia.
Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi candidato na lista de En Común-Unidas Podemos ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra. Nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano foi na lista de Más País-EQUO.
Obra en galego Narrativa As pontes do ego sum, 2012, Ir Indo.
Ensaio O neno do século XXI, 1997, Tórculo. Diálogos sobre educación, 1999, Tórculo.
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades sen imaxes