Noah's Ark é un telefilme dirixido por John Irvin que se estreou en 1999. Está protagonizado por Jon Voight, Mary Steenburgen, F. Murray Abraham e Mark Bazeley. O filme conta a historia bíblica da Arca Noé no libro da Xénese. Foi estreado por televisión nos Estados Unidos en tres episodios de 60 minutos.
Sinopse As cidades de Sodoma e Gomorra son o epicentro do pecado e a dexeneración. Por iso, Deus advierte a Noé de que colla á súa familia e se afaste delas. Malia as advertencias que o patriarca fai á xente das cidades para que o imiten, só Lot, o seu mellor amigo, o segue. Algúns anos despois, Deus dálle instrucións a Noé para que constrúa un gran barco para transportar unha parella de animais de cada especie, xa que Sodoma e Gomorra están a piques de recibir o castigo divino. Tralo diluvio universal, que durou 40 días, a Arca pousouse no cumio do Monte Ararat, onde o xénero humano tería unha segunda oportunidade para comezar de novo.
Personaxes Jon Voight como Noé Mary Steenburgen como Naamah F. Murray Abraham como Lot Carol Kane como Sarah Mark Bazeley como Shem Jonathan Cake como Japheth Alexis Denisof como Ham Emily Mortimer como Esther Sydney Tamiia Poitier como Ruth Sonya Walger como Miriam James Coburn como Vendedor ambulante Max Phipps como Jezer Terry Norris como Sumo Sacerdote Jonathan Biggins como Primeiro Sacerdote Sara Farrugia como Villager
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Irvin Categoría:Filmes de Sonar Entertainment Categoría:Filmes baseados no Antigo Testamento