Alejandro Tejero Cuenca, nado en Montauban en 1941 e finado en Venezuela en 1967, foi un político galego.

Traxectoria Fillo do aviador republicano Braulio Tejero e a viguesa María Teresa Cuenca, secretaria de Indalecio Prieto e do director da Aviación da República, Ignacio Hidalgo de Cisneros. En 1957, Fernando Tejero, o irmán de Braulio, foi a España e levou a Venezuela ao seu fillo Alejandro, que tiña 17 anos no momento do derrocamento do ditador Marcos Pérez Jiménez. Fíxose militante da Mocidade Comunista 1957 e ingresou na guerrilla da FALN. Foi secuestrado e torturado até a morte en maio de 1967.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en Vieiros

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados no departamento de Tarn e Garona Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 1967