miniatura|300px|Transfiguración. 1487-1495. Por Giovanni Bellini, actualmente no Museo Nazionale di Capodimonte, en Nápoles. A Transfiguración de Xesús é un episodio do Novo Testamento no cal Xesús é transfigurado (ou "metamorfoseado") e se torna "radiante" no alto dunha montaña. Os evanxeos sinópticos , e e unha epístola fan referencia ao evento. Nestes relatos, Xesús e tres dos seus apóstolos, Pedro, Santiago e Xoán, van a unha montaña (coñecida como Monte da Transfiguración). Alí, Xesús comeza a brillar e os profetas Moisés e Elías aparecen ao seu lado, conversando con el. Xesús é entón chamado "Fillo" por unha voz no ceo - presuntamente Deus Pai - como xa ocorrera antes no seu bautismo.Transfiguration by Dorothy A. Lee 2005 ISBN 978-0-8264-7595-4 pages 21-30

A Transfiguración é un dos milagres de Xesús nos evanxeos,Lockyer, Herbert, 1988 All the Miracles of the Bible ISBN 0-310-28101-6 page 213Clowes, John, 1817, The Miracles of Jesus Christ published by J. Gleave, Manchester, UK page 167Henry Rutter, Evangelical harmony Keating and Brown, London 1803. page 450 distinto dos demais pois, neste caso, o obxecto do milagre é o propio Xesús.Karl Barth Church dogmatics ISBN 0-567-05089-0 page 478 Tomé de Aquino consideraba a Transfiguración como o "maior dos milagres", unha vez que el complementou o bautismo e mostrou a perfección da vida no ceo.Nicholas M. Healy, 2003 Thomas Aquinas: theologian of the Christian life ISBN 978-0-7546-1472-2 page 100 A Transfiguración é tamén un dos cinco grandes puntos da vida de Xesús na narrativa dos evanxeos (os outros son o bautismo, a crucifixión, a resurrección e a ascensión)Essays in New Testament interpretation by Charles Francis Digby Moule 1982 ISBN 0-521-23783-1 page 63The Melody of Faith: Theology in an Orthodox Key by Vigen Guroian 2010 ISBN 0-8028-6496-1 page 28.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Milagres de Xesús Basílica da Transfiguración

Categoría:Eventos na vida de Xesús Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia