A Operación Marxe Protectora (en , Mivtza' Tzuk Eitan) e ás veces tamén coñecida como guerra de Gaza de 2014, foi unha operación militar lanzada por Israel o 8 de xullo de 2014 na Franxa de Gaza controlada por Hamas. Despois do secuestro e asasinato de tres adolescentes israelís por membros de Hamas, as Forzas de Defensa de Israel levaron a cabo Operación Gardián do Irmán para deter os líderes militantes, e Hamas lanzou foguetes cara a Israel comezando un conflito de sete semanas. Foi un dos conflitos entre Palestina e Israel con maior número de mortos en décadas. A combinación de ataques aéreos e bombardeos terrestres israelís e os foguetes palestinos provocaron milleiros de mortes, a gran maioría delas entre os palestinos de Gaza.

A operación israelí foi deseñada para deter o lanzamento de foguetes dende Gaza a Israel, o cal se incrementou despois dunha ofensiva israelí contra Hamas en Cisxordania por mor do secuestro a asasinato de tres adolescentes o 12 de xuño a mans de dous membros de Hamas.Jack Khoury, Hamas claims responsibility for three Israeli teens' kidnapping and murder' , Haaretz, 21 de agosto de 2014.'Mashal: Hamas was behind murder of three Israeli teens', Ynet, 22 de agosto de 2014. Pola contra, os obxectivos de Hamas eran facer presión internacionalmente que obrigase a Israel a erguer o bloqueo da Franxa de Gaza, rematar coa ofensiva de Israel, obtén un terceiro implicado para controlar e garantir o cumprimento dun cesamento do fogo,Ehab Zahriyeh, 'Citing past failures, Hamas demands an enforceable cease-fire,' Al-Jazeera, 16 de xullo de 2014. a liberación dos prisioneiros palestinos e superar o illamento político.'Hamas and Israel cling to their war aims,' Deutsche Welle 23 de xullo de 2014. De acordo coa BBC, en resposta ó lanzamento de foguetes dende a Franxa de Gaza, Israel lanzou ataques aéreos sobre Gaza.'Hamas 'ready for Gaza ceasefire' if Israeli raids stop,' BBC News 4 de xullo de 2014. centro|miniatura

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Conflito árabe-israelí Categoría:2014