Transcendence é un filme chinés-estadounidense dirixido por Wally Pfister que se estreou no 2014. Está protagonizado por Johnny Depp, Rebecca Hall, Kate Mara, Cillian Murphy, Paul Bettany e Morgan Freeman. O colaborador habitual de Pfister, Christopher Nolan, foi produtor executivo do proxecto.
O guión de Jack Paglen foi parte da coñecida como a "Lista negra", unha lista de guión populares que non foron producidos en Hollywood. A recadación de Transcendence foi decepcionante, que apenas recuperou o seu orzamento de $100 millóns. Recibiu maioritariamente críticas negativas, principalmente ó argumento, ós personaxes e ó diálogo.
Sinopse O Doutor Will Caster (Johnny Depp) é o investigador máis importante no campo da intelixencia artificial, e está traballando na creación dunha máquina sensitiva que combine a intelixencia colectiva de todo o coñecido con rango completo de emocións humanas. Os seus experimentos altamente controvertidos fixérono famoso, mais ó mesmo tempo convertérono no principal obxectivo de extremistas anti-tecnolóxicos que, no seu intento de destruír a Will, converteránse nos catalizadores da súa propia transcendencia. Para a súa muller Evelyn (Rebecca Hall) e o seu mellor amigo Max Waters (Paul Bettany), a cuestión non é se poden facelo, senón se deben. Os peores medos de Evelyn e Max fanse realidade cando a sede de coñecemento de Will evoluciona nunha omnipresente busca de poder. O único que se volve incuestionable é que pode non haber xeito de detenelo.
Personaxes Johnny Depp como Dr. Will Caster Rebecca Hall como Evelyn Caster Paul Bettany como Max Waters Kate Mara como Bree Cillian Murphy como Donald Buchanan Morgan Freeman como Joseph Tagger Cole Hauser como Coronel Stevens Clifton Collins, Jr. como Martin Cory Hardrict como Joel Edmund Josh Stewart como Paul
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2013 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Wally Pfister Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes de Alcon Entertainment Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes sobre informática Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX