Juan José Basoa Díaz, nado en Neda o 20 de xuño de 1907 e finado en Ferrol o 20 de setembro de 1936, foi un mecánico galego.

Traxectoria Fillo de Juan Antonio Basoa García e María Díaz Veiga, emigrou coa familia a Nova York moi novo. Foi piloto, mecánico e boxeador. Casou en 1930 con Ana Pazos Yáñez e instalouse en Neda. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de setembro e pasado polas armas o 20 de setembro.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Neda Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos