miniatura|150px|estrutura do formiato. O formiato (ou formato) ou metanoato é o anión derivado do ácido fórmico. A súa fórmula represéntase xeralmente como HCOO−. É o produto da desprotonación do ácido fórmico. É o anión carboxilato máis simple. Tamén se denominan formiatos aos compostos que son sales ou ésteres do ácido fórmico.
Bioquímica O formiato prodúcese en grandes cantidades nas mitocondrias das células hepáticas das células embrionarias e nas células cancerosas polo ciclo do folato.H Frederik Nijhout, et al, In silico experimentation with a model of hepatic mitochondrial folate metabolism, Theoretical Biology and Medical Modeling, 2006, 3:40, link http://www.tbiomed.com/content/3/1/40/abstract ).
O formiato oxídase reversiblemente pola acción do encima formiato deshidroxenase:T. Reda, C. M. Plugge, N. J. Abram and J. Hirst, "Reversible interconversion of carbon dioxide and formate by an electroactive enzyme", PNAS 2008 105, 10654–10658. HCO2- → CO2 + H+ + 2 e-
Ésteres e sales de formiato Os ésteres de formiato teñen a fórmula ROC(O)H. Moitos destes ésteres fórmanse cando se disolven alcohois espontaneamente en ácido fórmico.
Os sales de formiato teñen a fórmula M(O2CH). Eses sales teñen tendencia á descarboxilación. Por exemplo, o sal formiato de níquel hidratado, descarboxílase a aproximadamente 200 °C para dar un po fino de metal níquel: Ni(O2CH)2(H2O)x → Ni + 2 CO2 + x H2O + H2 Estes finos pos son útiles como cataliadores de hidroxenación.
Exemplos etil formato, CH3CH2(HCOO) formiato de sodio, Na(HCOO) formiato de cesio, Cs(HCOO) metil formiato, CH3(HCOO) metil cloroformiato, CH3OCOCl trietil ortoformiato trimetil ortoformiato, C4H10O3
Notas
Categoría:Compostos químicos