Las Dos Regiones foi un periódico editado en A Ribeira de Piquín entre 1908 e 1909.
Historia e características Subtitulado Periódico de intereses generales apareceu en xaneiro de 1908El Regional, 11-1-1908, p. 3.. Fundado e dirixido por Gumersindo Gómez Otero. Constaba de catro páxinas, compostas a catro columnas. En principio bimensual, a partir do número 13, de xullo de 1908, fíxose semanal, saíndo cada sábado. Contiña noticias locais, nacionais e estranxeiras e artigos de agricultura, gandería, comercio, industria, festas, cultura, tribunais e sucesos e algúns poemas. Tiña as seccións: Oficial, Religiosa, Correspondencia (cartas dos lectores), Corresponsales e Últimas noticias. Publicou tamén necrolóxicas e un folletín, e na última plana había anuncios comerciais. Entre os seus colaboradores figuraban José Manuel Rivero, Constantino Fraguas, Ángel Guerra e J.A. López. O periódico debía o seu nome á rede de correspondentes, colaboradores e subscritores con que contaba a ambos lados do río Eo e servía de enlace entre os seus habitantes e os emigrantes en Cuba. Editábase na Imprenta del Sucesor de A. Villarmarín de Lugo. Cesou a súa publicación probablemente en 1909.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Categoría:Prensa escrita da provincia de Lugo Categoría:1908 en Galicia