"I'll Be There" é unha canción soul de The Jackson 5 escrita por Berry Gordy, Hal Davis e Willie Hutch (colectivamente coñecidos como "The Corporation"), que deu dous números un nas listas musicais dos Estados Unidos: o orixinal de 1970 gravado por The Jackson 5 e a versión de 1992 dos cantantes Mariah Carey e Trey Lorenz.
A versión de The Jackson 5 foi gravada por Motown Records, e lanzada como o primeiro sinxelo do álbum Third Album, 1970. "I'll Be There" foi o cuarto número un de The Jackson 5 (despois de "I Want You Back", "ABC" e "The Love You Save"), converténdoa na primeira banda afroamericana en conseguir catro #1 consecutivos. "I'll Be There" é considerado o éxito máis notable de Motown durante a "Era Detroit" (1959–1972).
Notas
Categoría:Sinxelos de 1970 Categoría:Cancións de The Jackson 5