O Sistema Universtario de Galicia (coñecido co acrónimo de SUG) é o máximo organismo público encargado de desenvolver o ensino superior en Galicia, mediante o exercicio da docencia, o estudo, a investigación e a creación de coñecemento.
Dito organismo engloba e coordina as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
O SUG foi creado en 1989 após a aprobación da Lei de ordenación do sistema universitario de Galicia e depende da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Historia
A necesidade de crear un organismo que regulase a ordenación territorial, funcional e financeira do ensino superior en Galicia levou á aprobarse en 1989 o Sistema Universitario Galego. Isto desembocou na descentralización do sistema universitario galego, xa que até ese punto a Universidade de Santiago de Compostela era a única universidade galega desde a súa fundación en 1495. Así as cousas, a aprobación do SUG supuxo a creación en 1990 das outras dúas universidades galegas, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña, que até entón soamente eran campus ou colexios universitarios.
A partir da separación da USC comezouse a ordeación dos campus que formarían as tres universidades; á Universidade de Vigo adscribíronse os campus de Ourense (antes Colexio Universitario de Ourense) e Pontevedra, e á Universidade da Coruña adscribiuse o campus de Ferrol. O campus de Lugo ficou adscrito á USC.
Titulacións O SUG é o organismo encargado de decidir as titulacións que se imparten nas universidades galegas, así coma os criterios de implantación destas. Na actualidade existen tres tipos de titulacións, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior: ensinanzas de grao, máster (posgraduado de segundo ciclo) e doutoramento (posgraduado de terceiro ciclo).
Titulacións de grao
Titulación USC UdC UVi Administración e Dirección de Empresas15px15px15px Arquitectura15px Arquitectura naval15px Belas artes15px Bioloxía15px15px15px Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos15px Matemáticas15px Ciencia Política e da Administración15px Ciencias ambientais15px Ciencias da Actividade Física e do Deporte15px15px Ciencias da Cultura e Difusión Cultural15px Ciencias do Mar15px Ciencias empresariais15px Comercialización e Loxística*15px Comercio15px Comunicación audiovisual15px15px15px Consultoría e Xestión da Información 15px Dereito15px15px15px Dirección e Xestión Pública15px Economía15px15px15px Educación Infantil15px15px15px Educación Primaria15px15px15px Educación Social15px15px15px Enfermaría15px15px15px Enxeñaría agraria15px Enxeñaría Agrícola e de Medio Rural15px Enxeñaría Civil**15px Enxeñaría de Edificación15px Enxeñaría de Enerxía15px Enxeñaría de Industrias Agroalimentarias15px Enxeñaría de Obras Públicas15px Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación15px Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos15px Enxeñaría das Tecnoloxías Industriais15px Enxeñaría Eléctrica15px15px Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática15px15px
Notas
Véxase tamén Outros artigos Comisión Interuniversitaria de Galicia
Ligazóns externas Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia. Diario Oficial de Galicia. Comisión Interuniversitaria de Galicia. Guía do Sistema Universitario de Galicia.
Categoría:Universidades de Galicia