miniatura|right| Carthamus tinctorius, inflorescencias. miniatura|right|Carthamus arborescens, inflorescencia. miniatura|Cipselas heteromorfas de C. lanatus; as sen papo son as periféricas. Carthamus é un xénero botánico na familia Asteraceae cuxas especies coñécense co nome común de cártamo. Son plantas orixinarias de Asia e o mediterráneo. Contén unhas 50 especies aceptadas. En Galicia atopamos dúas: unha brava: o cártamo silvestre e unha cultivada: o cártamo común.

Descrición Son herbas anuais ou perennes, ás veces matos ou arbustos, espiñentas con follas xeralmente pinnatífidas, coriáceas, espiñentas, mais ás veces enteiras e/ou inermes. Os capítulos, terminais solitarios ou agrupados, con numerosas follas involucrais semellantes ás follas caulinares superiores, ten un invólucro con varias fileiras de brácteas adpresas; as externas e medias xeralmente espiñentas; as internas finas e inermes, ocasionalmente cun apéndice apical. Todas as flores, inseridas nun receptáculo desde convexo até cónico, setáceo, son flosculosas e hermafroditas, con limbo dividido case até a base, xeralmente amarelo con dous nervios purpúreos en cada lóbulo. Os estames teñen filamentos ceibos, vilosos na parte superior, e anteras subobtusas e de base saxitada. Os froitos son cipselas obcónicas máis ou menos tetrágonas, glabras e con fío cárpico lateral. O papo, cando existe, está formado por varias fileiras de setas ou escamas escábridas, caedizas ou persistente, a miúdo ausente nas cipselas periféricas dunha mesma especie.Carthamus en Flora VacularCarthamus en Flora of ChinaCarthamus en Flora of North America

Distribución Medra no centro e suroeste de Asia, Europa e o Mediterráneo; introducido e localmente cultivado noutras rexións.Carthamus en The Euro+Medit PlantBase

Taxonomía Foi nomeado por Carl von Linné en 1753 (Species Plantarum, vol.2, p. 830) e a súa descrición ampliada en Genera Plantarum de 1754 . Traduciu o nome Carthamus, latinizando o árabe «Kârtum», raíz semítica que significa «tintura», en alusión ás súas cualidades.

Especies As máis habituais na rexión mediterránea son: Carthamus arborescens L. - Sur de España e noroeste de África- (flores amarelas). Carthamus boissieri Halácsy - planta das illas de Grecia. Carthamus dentatus (Forssk.) Vahl - planta dos Balcáns e de Turquía - (flores violetas). Carthamus lanatus L. (cártamo silvestre) - en toda a meseta mediterránea - (flores amarelas). Carthamus tenuis (Boiss. & Blanche) Bornm. - Leste do Mediterráneo - (flores violetas). Carthamus tinctorius L. (cártamo) - orixinaria de Asia; hoxe día cultivada comercialmente na India, os Estados Unidos, México, Etiopía, Kazakhstán, Australia, a Arxentina, Uzbekistán, a China e Rusia; tamén a pequena escala en: Paquistán, España, Turquía, o Canadá, Irán e Israel - (flores amarelas/alaranxadas).

Sinonimia Carduncellus Adans. Carthamoides Vaill. Durandoa Pomel Femeniasia Susanna Kentrophyllum DC. Lamottea Pomel Phonus HillSinónimos en Euro+Med PlantBase

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Catalogue of Life Carthamus en GRIN