A cobra de colarConde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 85. Real Academia Galega.Daviña Facal, Luís (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña, Deputación da Coruña, páx. 996. ISBN 84-95335-46-8 eurasiática ou cobra de auga de colar eurasiática (Natrix natrix) é unha cobra non velenosa da familia Colubridae, propia de Eurasia. É moi similar á cobra de colar que se pode atopar en Galicia e no resto da Península Ibérica, e que dende hai poucos anos se considera unha especie diferenciada.
Descrición Pode chegar a medir dous metros de lonxitude, pero os adultos adoitan ter arredor de 120 cm. Ten o corpo groso, a testa redondeada e os ollos de pupilas redondas. A cor é moi variable, a máis común é parda ou verde escuro, aínda que poden aparecer dende cor gris ata negro; coa parte inferior do corpo máis clara. Presenta manchas negras. Algúns individuos teñen un colar característico de cor amarela ou alaranxada. É unha especie de vida diúrna que se alimenta de anfibios (especialmente de ras e sapos), e pode chegar a cazar pequenos mamíferos e peixes. As femias son meirandes que os machos.
Galería
Notas
Véxase tamén Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Lista de réptiles de Galicia
Categoría:Colúbridos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné