miniatura|Estrutura cristalográfica do heterodímero de calcineurina composto das subunidades catalítica (PPP3CA) e reguladora (PPP3R1).;
A calcineurina (CN) é un encima proteína fosfatase, tamén chamada proteína fosfatase 3, e serina-treonina fosfatase dependente de calcio. Activa as células T do sistema inmunitario e pode ser bloqueada por diversos fármacos. A calcineurina activa, desfosforilándoo, ao factor nuclear das células T activadas citoplasmático (NFATc), que é un factor de transcrición que se encontra no citoplasma e é despois translocado ao núcleo, onde regula á alza a expresión da interleucina 2 (IL-2), a cal, á súa vez, estimula a resposta de células T. A calcineurina é a diana dun tipo de fármacos chamados inhibidores da calcineurina, entre os cales están a ciclosporina, Pimecrolimus e Tacrolimus.
Estrutura A calcineurina é un heterodímero formado por unha subunidade de 61-kDa catalítica que se une á calmodulina, chamada calcineurina A, e unha subunidade de 19-kDa reguladora que se une ao Ca2+, chamada calcineurina B. Hai tres isocimas da subunidade catalítica, cada unha das cales está codificada por un xene separado (PPP3CA, PPP3CB, e PPP3CC) e dúas isoformas da subunidade reguladora, tamén codificadas por xenes separados (PPP3R1, PPP3R2).
Funcionamento
Cando unha célula presentadora de antíxenos interacciona cun receptor de células T situado na superficie dunha célula T, prodúcese un incremento do nivel citoplasmático de calcio, o cal activa a calcineurina, ao unirse á súa subunidade reguladora e activar a unión da calmodulina. A calcineurina induce varios factores de transcrición (NFATs) que son importantes na transcrición dos xenes de IL-2. O IL-2 activa os linfocitos T axudantes e induce a produción doutras citocinas. Deste modo, controla a acción dos linfocitos citotóxicos. A cantidade de IL-2 producida polas células T axudantes crese que inflúe significativamente na amplitude que vai ter a resposta inmune.
Importancia clínica
Enfermidades reumáticas
Os inhibidores da calcineurina prescríbense para tratar a artrite reumatoide adulta en solitario ou en combinación co metrotexato. Tamén se prescribe para: artrite psoriática, psoríase, enfermidade de Behçet ocular aguda, artrite idiopática xuvenil, polimiosite e dermatomiosite xuvenil e adulta, lupus eritematoso xuvenil e adulto, nefrite lupus membranoso adulta, esclerose sistémica, anemia aplástica, síndrome nefrótica resistente a esteroides, dermatite atópica, asma dependente de corticoides grave, colite ulcerativa grave, pemphigus vulgaris, myasthenia gravis, e enfermidade do ollo seco, con ou sen síndrome de Sjögren (administrada como emulsión oftálmica).
Esquizofrenia
A calcineurina está asociada aos receptores de varios compostos presentes no cerebro como NMDA, dopamina e GABA. Un experimento realizado con ratos alterados xeneticamente que non podían producir calcineurina atopou que estes mostraban síntomas similares aos da esquizofrenia humana: trastornos de memoria, déficits de atención, comportamento social anormal, e outras anormalidades características da esquizofrenia.
Diabetes
A calcineurina, xunto co NFAT, pode mellorar a función das células beta do páncreas diabético. O fármaco Tacrolimus contribúe ao frecuente desenvolvemento de diabetes despois dun transplante renal.
Outros A sinalización calcineurina/Nfat é necesaria para o funcionamento e a maduración perinatal dos pulmóns.
Interaccións
A calcineurina interacciona con DSCR1 e AKAP5.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Ligazóns externas
Categoría:Transdución de sinais Categoría:Hidrolases