Santa María de Recemel é unha parroquia que se localiza no sur do concello das Somozas. Segundo o IGE en 2018 tiña 373 habitantes (184 homes e 189 mulleres) distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 546 habitantes.
Historia Recemel incorporouse en 1845 ao concello das Somozas, desvencellándose de Moeche.
Patrimonio Igrexa de Santa María de Recemel, de estilo barroco, planta rectangular, con tres naves. Capela de Recemel, dedicada á Nosa Señora do Socorro, de planta rectangular, cunha soa nave e presbiterio elevado. Ermida de San Roque, de panta de cruz rectangular cunha única nave. Cruceiro de Recemel, de 1904.
Galería de Imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Recemel
Parroquias das Somozas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares das Somozas
Categoría:Parroquias das Somozas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María